Skip to Content

O DESFILE DA ARTE 2011

Os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de Primaria reflexaron a estética Pop Art de Andy Warhol.

Este autor e a súa obra foron traballados polos alumnos/as de forma global en diferentes asignaturas (plástica en inglés, co seu titor, co especialista de E. Musical,...). Este xeito de estudiar  por Proxectos encanta aos nenos/as, que acadan coñecementos desde diferentes perpectivas e divertíndose, así o Entroido ten outro significado.

 

 

Os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria traballaron a J. Miró e eles decidiron que obra querían traballar. A debuxaron e traballaron en Plástica en inglés, ca titora indagaron na vida e obra do autor e en E. Musical coñeceron música de esa época.

As nais e pais fixeron para os seus fillos/as, nun obradoiro no colexio, as obras de arte que eles mesmos elixeron .

 


 

Os do segundo ciclo reproduxeron o cadro de Velázquez de Las Meninas, despois de traballalo de diversos xeitos, además de facer as súas versións pictóricas (obras expostas no centro).

Estas nais si que o tiveron difícil para confeccionar uns traxes tan complicados e de esa época en concreto. Todos os traxes se fixeron no obradoiro de nais/pais e nenos/as que se levou a cabo durante todo o 2º trimestre no centro.

Un aplauusooo pola súa dificultade...!.

 

 

 

E os máis pequerrechos traballaron a obra de Van Gogh, Los Girasoles. 

As nais e pais tamén se tiveron que preparar para facer estas obras de arte, que tamén xiraban ao sol...

Nais, pais e mestras traballaron moito en diferentes obradoiros feitos nas clases mesmas de E. Infantil, nas que ata os nenos e nenas axudaron.

 

 

E esta é a nosa " Adiviña, AdiviñARTE" deste ano 2011.

Volveremos a desfilar no desfile da Xoubiña en Moaña, o vindeiro sábado 12.

INvitamos a todos os que queran visitar o noso colexio, que veñan a admirar as obras de arte que elaboraron os nosos artistas de Tirán.



page | by Dr. Radut