Skip to Content

ANXO LORENZO, UN GAITEIRO MOI ESPECIAL EN TIRÁN

O 21 de maio de 2010

Recibimos a visita de ANXO LORENZO, o gaiteiro de Tirán. Ofreceunos un concerto didáctico moi especial a todos os nenos e nenas do CEIP Tirán. Anxo é un gaiteiro recoñecido internacionalmente,  que amablemente compartiu connosco a súa máxica música e contestou tranquilamente a todas as preguntas dos nenos.

O nome do seu último disco é TIRÁN, por ser a súa terra do que máis orgulloso se sinte. A primeira canción do disco que leva o mesmo nome, comenza cas olas do mar de Tirán.

Os nenos quixeron regalarlle unha CURUXA moi especial para nós que iguala á que temos no tellado do colexio. Esperemos que o noso cole voe tan alto como Anxo, que xa quedou connosco de voltar no vindeiro Nadal  para así podelo disfrutar en exclusiva xunto aos pais e nais do colexio.

QUEDAS CONVIDADO TI TAMÉN, ANXO,

A VOLTAR POR AQUÍ CANDO QUEIRAS.



page | by Dr. Radut