Admisión de alumnado para o curso escolar 2022-2023
Dende o vindeiro luns 1 de marzo e ata o día 21 do mesmo mes está aberto o prazo para a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso académico. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.
- Alumnado ao que afecta este prazo:
- Alumnado que comeza a súa escolarización.
- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos de educación secundaria nun centro diferente ao adscrito.
- Alumnado que solicite cambio de colexio.
- Prazo de presentación das solicitudes: do 1 de marzo ao 21 de marzo
- Portas abertas. Se desexades vir coñecer o colexio, podedes facelo solicitando cita no 886 11 02 71
- Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.
- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.
- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (ver documento adxunto) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".
- Vacantes. As prazas dispoñibles en cada curso son as seguintes:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-G-22-23.pdf | 1.31 MB |