Skip to Content

Axudas máscaras hixiénicas: procedemento

O venres 13 de novembro publicouse o procedemento polo cal serán distribuídas máscaras hixiénicas entre o alumnado de educacion primaria. Para ser beneficiaria ou beneficiario desta axuda, débese presentar o anexo I, anexo II e a copia do libro de familia.

Cómpre ter en conta que:

  • O prazo é do 16 ata o 27 de novembro.
  • A presentación das solicitudes será no propio colexio baixo CITA PREVIA.
  • O alumnado que recibiu a axuda de material escolar NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, xa que de xeito autómatico se lle proporcionarán as máscaras.
  • A situación persoal e a composición da unidade familiar a ter en conta é a 31 de decembro de 2018.
  • A renda per cápita para a concesión da axuda debe ser igual ou inferior a 6.000 €.

 

Anexo I e II (descargar aquí)

Instrucións sobre o procedemento (descargar aquí)

Publicación no DOG (información extendida) (descargar aquí)

AdxuntoTamaño
Anexo I-II.pdf136.44 KB
Instrución procedemento ED330E.pdf209.18 KB
Orde DOG.pdf608.65 KB


blog | by Dr. Radut