Circuito Educación Vial
Dende o luns día 3 e ata o mércores día 5, levaronse a cabo no noso centro unha serie de actividades relacionadas coa Educación Vial e impartidas por persoal da Dirección Xeral de Tráfico.
Estas actividades consistiron en charlas informaticas de Educación Vial e de interese para os nenos/as, acompañados de vídeos ilustrativos, e posteriormente a práctica no patio do centro onde se instalou un circuito. Neste espazo, os nenos/as disfrutaron das súas bicicletas e de karts, á vez que aprendían, e sempre tendo en conta a señalización vertical e horizontal, así como as indicacións dun axente. Ademáis das bicicletas que aportaron os nenos/as, tamén trouxeron o casco, onde se reforzou, non só a obligatoriedade do mesmo, senón tamén a importancia do seu uso.
A maiores, os nenos/as de Educación Infantil poideron coñecer máis de preto os vehículos oficiais tanto da Policía Local como de Protección Civil, así como coñecer a súa laboura de tanta importancia na nosa sociedade.