Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Infantil

PROXECTO OS DINOSAURIOS. AULA DE 4 ANOS.

VISITA DUN GUARDA CIVIL.AULA 4 ANOS.

ROCODROMO EN INFANTIL

Este ano estreamos un novo rocodromo pintado pola mestre Lucia en homenaxe ao conto "O principito"

HORTA ESCOLAR: plantación de 5º e 6º de Educación Infantil.

A horta escolar é un aprendizaxe activo e cooperativo que desenvolve valores de conservación e mellora da contorna. Os nosos nenos e nenas aprenden hábitos de coidado e responsabilidade medioambiental.

O alumnado de educación infantil e o equipo medioambiental estiveron preparando a terra e semeando plantas, berzas, legumes...

 

XARDÍN DAS FADAS

Dende fai uns días, o noso colexio conta cun XARDÍN DAS FADAS onde atopamos miniaturas dun bosque, casiñas de madeira, tendal, mesas...

Para visitar o novo recuncho é imprescindible empregar a imaxinación.

 

A PRIMAVERA XA ESTÁ CHEGANDO A SOLANAS...

No mes de marzo comeza a primavera e o alumnado de educación infantil está preparando o noso colexio para recibila Guay.

 

O alumando de 4º, 5º e 6º de primaria fixo a súa aportación decorando os corredores do edificio de primaria.Guiño

 
 

NOVAS CAIXAS NOS PATIOS DE INFANTIL

O alumnado de educación infantil xa disfruta de novas caixas de xoguetes para os patios.

 

RITMO CON DANZA MEDIEVAL E VALS.

QUERIDAS FAMILIAS, HOXE TRAIO 2 DANZAS, UN VALS E UNHA DANZA MEDIEVAL, TRABALLAREMOS O RITMO CUN PAU DE ESCOBA E UNHA CULLER DE MADEIRA.

ESPERO QUE VOS GUSTE.

UN BIQUIÑO.

 

BUSCANDO TESOUROS

EN BUSCA DOS TESOUROS

Ooola familia!

Sei que xa estades moi cansadiñ@s e que agora coa calor non hai ganas de traballar, por iso hoxe vos propoño para a actividade de arte algo sinxelo pero á vez artístico:
Que busquedes na vosa próxima saída un elemento da natureza que vos pareza fermoso, e me enviades unha foto.A fotográfía tamén é arte.
As veces pasamos cerca de cousas que non lle damos importancia nin valor pero si as miramos de cerca...podemos atopar verdadeiros tesouros.
Mirade eu saqueille unha foto ao centro dunha capuchina que atopei baixando hacia a praia do molino.
Un biquiño!
Meu tesouro: centro da “capuchina”.

MÚSICA E XOGO

A actividade de música ten dúas partes:

1º Aprendemos a canción.
 
https://youtu.be/v9xnYh8eSfY
 
2º Actividade de ritmo, movemento e coordinación( actividades básicas para o aprendizaxe da lectoescritura).
 
https://youtu.be/tI23MwV2KK8
 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut