Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Infantil

Aprendemos a pintar como KANDINSKI.

Bos días familias!!
Hoxe propoño :
1-Xogar ao vexo, vexo cos cadros de Kandinski, un pintor moi importante (foi o precursor do arte abstracto).
2-Que fagades conmigo un cadro de Kandinski muy bonito e moi colorido: círculos de cores.
Un beso grande!!
Espero que o pasedes ben.
Forza!!

 

ESTRELIÑA.

Ooola familia!!

Espero que estedes moi ben, hoxe a actividade de música é unha canción que xa coñecedes.
Deixo un video que vos fixen, onde levaremos o ritmo da canción pisando unhas estreliñas de papel.
Si non queredes facer as estrelas, podedes tamén levar o ritmo da canción como facemos na clase, con palmas, movendo os pes como si forades piratas camiñando, tocando con 2 paus (dúas culleres de madeira)...o importante é seguir o ritmo, moverse, cantar ...e sobre todo pasalo ben!!
Quérovos!!
Un biquiño grande!!
Actividade ritmo:
 
 
https://youtu.be/vo8xD1MANys
 
Deixovos tamén o enlace da canción.
 
 
https://youtu.be/ZM5syHyHDYE

 

ARTE E ROSALÍA

Ola familias!!
A actividade de arte de hoxe é sobre un video que fixemos en Dinamización, pouco antes de pasar todo isto e ter que quedar sin sair da casa. Grabei a todo o colexio, os nosos peques tamén andan por ahí. Están guapiiisim@s e fixéronno moi ben!!
Si se lles fai longo, podedes miralo a partir do minuto 2:07.
Propoño que escollades un verso dos que saen no video e fagades un bonito debuxo en relación a ese verso. Unha obra de arte, como sólo vós sabedes!!!❤️❤️

 

A MUIÑEIRA

 

Ooola familia!!
Hoxe toca practicar os dous pasos da muiñeira que xa temos mirado na clase.
Ensaiade un pouquiño conmigo os pasos e despois podedes bailar con Uxía Lambona, que tamén anda polo video que vos mando.
Un biquiño moi grande, meus valentes!!

Actividades para infantil

04/05/2020
Europe/Madrid

 

Boas, 

Achégovos os enlaces das actividades de inglés para 4º e 5º de infantil. Están publicadas na plataforma Padlet. Fai click sobre as imaxes para acceder directamente a cada grupo clase. 

Recordade que cada martes atoparedes novas actividades de inglés.

Grazas pola vosa participación e espero que as actividades propostas sexan do agrado dos vosos/as pequenos/as. 

 

 

4º infantil: Unha clase con abrazos de oso       infantil: O paraíso tropical

                                     

 

SOMOS UNHA OBRA DE ARTE

VARIOS MUSEOS LANZARON NESTA PANDEMIA UN RETO MOI ESPECIAL: CONVERTIRNOS NUNHA OBRA DE ARTE.

QUÉ VOS PARECE SI NOS UNIMOS A ESTE RETO?

ENVIADE UNHA FOTO REPRESENTANDO UN CADRO FAMOSO. AÑADIR O TÍTULO E O AUTOR.

COMENZO EU, PARA AXUDAR A QUE  VOS ANIMADES. CONVÍRTOME NUN CADRO QUE ESTÁBAMOS A ESTUDIAR CANDO OCURRIU TODO ISTO:

"MUJER EN LA VENTANA" DE DALÍ.

MÚSICA: RITMO E COORDINACIÓN

Bos días familias!!

Xa sabedes da reorganización do horario para non saturar con tanta actividade.

Eu darei danza e música os mércores e arte os xoves. A psicomotricidade , enviarala sólo o profe Tomás os venres.

Hoxe  toca música. Temos una actividade de ritmo. 

A importancia do ritmo. ... O ritmo acompaña a vida. Hai estudos que amosan a relación entre música, habilidades rítmicas e linguaxe. O ritmo tamén é básico para unha boa aprendizaxe da lectura e a escritura.

Polo tanto mirade o importante que é practicalo!!

Entón, imos alá!!

Fixen 2 videos :

1º-Percusión corporal. Si queredes pasalo ben toda a familia tendes q sentarvos nunha silla e ir rotando, como fago eu.

 

2º-Seguir o ritmo con 2 culleres e un bote de pementa ou sal...que fará de maraca.

Intentaino, canto mais ensaiedes, millor sairá!

 

Un besiño grande!!

Espero que o pasedes ben.

Forza!!

MÚSICA E COCIÑA

 

24-04-2020

Música e cociña.

 

 

Ovos recheos en forma de pitiño.

Hoxe propóñovos  unha receita fácil, moi nutritiva e que non supón ningún perigo para os peques na cociña.

 Necesitamos os seguintes ingredientes:

 

* 6 ovos duros

* 1 lata de atún

* 2 culleres de sopa de maionesa

* Aceitunas

* Rodajas de cenoria

 

Hai que cortar os ovos pola metade, mesturar as xemas coa maionesa e o atún. Encher e decorar.

Bo proveito.

Un biquiño.

 

A canción que vos propoño é a do pitiño amareliño:

 

FELIZ DÍA DO LIBRO

UN BESIÑO EN ESTE DÍA TAN ESPECIAL. ES UN DÍA NOSTÁLGICO. SIEMPRE LO CELEBRÁBAMOS TODOS JUNTOS EN LA BIBLIO.

FÍXEN ISTO PARA VÓS.

 

 

ESTIRAMOS E RELAXAMOS (IOGA)

Bos días valentes!!

Sei que é difícil non poder saír da casa e ás veces isto fainos estar un pouco inquedos. Hoxe propóñovos uns exercicios de ioga que nos axudarán a sentirnos máis tranquilos e relaxados.

Animádevos, toma unha colchoneta ou unha toalla e ven a estirar comigo !!

 

 

 E si nos enfadamos, recordade a canción:

https://youtu.be/ZalrQFAT5W0

Distribuir contido


by Dr. Radut