Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Infantil

MESTRE COMPOSTEIRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

O mestre composteiro Moncho estivo cos nenos e nenas de educación infantil para unha charla explicativa sobre como facer compos no colexio.

 

MURAL DAS EMOCIÓNS NA FACHADA DO EDIFICIO DE INFANTIL

 

Este ano participamos no Programa de Consellería de Educación CP INCLÚE na súa actuación EMOCIÓNA-T.

Fai uns días a artista local Tamara Baz pintóunos un mural na fachada de Educación Infantil: "O paraugas da amizade". A idea é transmitir o paraugas como lugar para solucionar conflictos. Unha metáfora de protección; cando estamos c@s amig@s sentímonos cómod@s, acompañad@s e segur@s.

 

 

PROXECTO FÓRA PLÁSTICOS

Proxecto iniciativa do CEE San Xeróme con otros centros do Baixo Miño: CEIP Pintor Antonio Fernández (Goian), CIP Manuel Suárez Marquier (O Rosal), CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda), Colexio San José (A Guarda), CEIP A Sangriña (A Guarda) e Colexio PP Somascos (A Guarda).

O noso centro fixo unha recollida de microplásticos co alumnado de educación infantil na Praia de Fedorento e o profe Jorge creou unha obra coa recollida.

SAÍDA AO PARQUE DE FEDORENTO DO ALUMNADO DE INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil fixeron unha saída ao parque de Fedorento aproveitando as boas temperaturas destes días. O pasaron xenial!

GALIÑEIRO DE SOLANAS

 

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes o noso novo galiñeiro:

 

 

 

 

CASIÑAS DE PAXAROS

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes as nosas novas casiñas de páxaros na zona do patio sensorial. Esta actividade foi un traballo colaborativo entre diferentes clases:

 

 

 

CONTACONTOS E EXPOSICIÓN "O PRINCIPIÑO": 5º e 6º de educación infantil

No mes do libro, o Concello de A Guarda convidóunos a Casa dos Alonsos para:

  • Unha exposición de máis de 250 exemplares sobre a obra máis famosa do escritor francés Antoine de Saint-Exepéry.
  • Contacontos "O principiño".

Aproveitamos a visita para coñecer a sala de plenos do Concello e ao alcalde da nosa vila.

PROXECTO ÁFRICA. AULA DE 4 ANOS.

PROXECTO "OS PIRATAS". AULA DE 4 ANOS.

PROXECTO "A PREHISTORIA". AULA DE 4 ANOS

Distribuir contido


by Dr. Radut