Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

PLAMBE

NOVIDADES. "DO RÍO AO MAR, LER E DESFRUTAR"

O noso barquiño do proxecto "Do río ao mar, ler e navegar" segue a súa viaxe pola rede. Queredes saber por onde anda agora? Pois premede na imaxe

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

En Bibliosolanas hai actividades para conmemorar este día. Podedes velas premendo na imaxe

 

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz con unha serie de actividades. Demos lectura aos "poemas pola paz" que fixemos para o certame da Biblioteca, pintamos pegatinas cunha pomba moi chula, cantamos unha canción en Inglés, e formamos a palabra PAZ no patio. Participamos todo o profesorado e todo o alumnado e entre todos imos construindo a paz no noso centro e no noso entorno día a día.

Aquí tendes unha reportaxe


POSTAIS DE NADAL GANADORAS

 

 

 

 

 

Estas son as postais que ganaron o 1º    concurso de postais de Nadal convocado dende a biblioteca. Se premedes na imaxe podedes ver todas as que se presentaron que foron moitas e todas moi bonitas

FELICITACIÓN

gañadora

Coa postal gañadora do concurso feita por Mario Vicente Baz de 2º curso, desexámoslles  FELICES FESTAS.


HORARIO

    Está aberta para grupos de alumnos e alumnas durante o horario escolar, baixo o control do profesorado que os acompañe.


Os luns, mércores, xoves e venres está aberta de 16 a 18 horas tanto para alumnos e alumnas como para as nais e os pais. Para elo organízanse quendas nas que participa todo o profesorado.


Os martes en horario de 17 a 18 horas, hai servizo de préstamo para ex alumnos/as.

NORMAS DA BIBLIOTECA



Poden ser socios e socias da Biblioteca tódolos membros da comunidade escolar do centro.


Hai
libros de consulta que non se poden levar en préstamo. Se queres algún, pregúntanos.


Para levar libros en préstamo hai que ter carné da Biblioteca. Se non o traes, recorda o número.


Só se poden ter dous libros en préstamo, salvo casos excepcionais que se porán en coñecemento da encargada da Biblioteca.


Os libros deben devolverse no prazo máximo de quince días. Se non o remateches podes pedir unha semana máis de prazo.


No caso de perda ou deterioro irreparable dalgún libro, deberase mercar outro igoal ou, de non ser posible, semellante.


Distribuir contido


by Dr. Radut