Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

PLAMBE

ABRIL MES DOS LIBROS. BIBLIOSOLANAS 2023

   
  

"CEREBRO E XOGO". Formación familias con María Couso

BiblioSolanas, no seu programa "Lectura e familias", convidou as familias a formación de "Cerebro e Xogo" de María Couso, creadora de PlayFunLearning.

Familias e profesorado formándose xuntas nunhas tardes moi interesantes e divertidas.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: 8M

En Solanas conmemoramos o DÍA DA MULLER con diferentes actividades:

  • Durante todo a semana, a Biblioteca tivo unha exposición con libros de mulleres referentes.
  • Tivemos unha exposición de Mulleres Bravas na cortiza da entrada do colexio.
  • O alumnado de Infantil homenaxeou as "Mulleres da súa vida". Todos e todas debuxaron as súas mulleres para colocalas nun mural homenaxe no corredor.
  • O alumnado de Primaria traballou a vida de "Mulleres Marabillosas" nunha actividade conxunta para toda a etapa.
  • E o alumnado de 5º de Primaria mensaxeou con mulleres relevantes da nosa Historia.

SEMANA DA PRENSA:6 AO 10 de marzo

Durante esta semana, a Hora de Ler, o alumnado traballará con xornais e revistas de Solanas doutros anos.

Poderán ver a compañeiros e compañeiras de agora e outros/as que xa non están no colexio, en actividades doutros anos.

PRESENTACIÓN LIBRO: "Mireia conta que é o dano cerebral adquirido" OS BOLECHAS

A federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) nos presenta o libro dos Bolechas "Mireia conta que é o dano cerebral adquirido".

Moitas grazas pola visita.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: 11 de febreiro

Festexamos este día para a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Dende a Biblioteca nos propuxeron un concurso onde cada clase participaba unida e resolvendo unha sopa de letras con nomes de mulleres científicas.

 

"CIENCIA NA BIBLIO" NOVEMBRO 2022

              
 

As bibliotecas escolares de Galiza festexan durante o mes de novembro A CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Este ano convidamos aos nenos e nenas e as súas familias, a ensinar ciencia ao resto dos seus compañeiros e compañeiros. 

Aquí podedes ver todo o que aprendimos e o ben que o pasamos.

Grazas ao alumnado e as familias participantes.

 
             
 

Cecilia 6º Primaria

e o seu pai Antonio

 

Joaquina e Iker

5º Primaria

 

Xabi  6º Primaria

e a súa nai Yolanda

 
             
 

Brais 5º Primaria

e seu pai David

 

Dario 1º Primaria

e seu pai Generoso

 

Gisela, Amanda e

Daniela 6º Primaria

 
             
 

Luana e Aroa

5º Primaria

 

María 5º Primaria e

 seu pai Jose Carlos

 

Martín 3º Primaria 

e seu pai David

 
             
 

Nora 6º Primaria

e sua nai Carmen

  Andrea 5º Primaria   Angela 5º Primaria  

IV CONCURSO FOTOGRÁFICO ANIMAIS FANTÁSTICO

O equipo de concursos convocou como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas.
Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de harry Potter",  propuxeron crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguete...), facer unha foto e enviala.

Tivemos un premio por participante.

GRAZAS POR PARTICIPAR.

 

ABRIL MES DOS LIBROS

No mes de abril tivemos moitas actividades adicadas ao libro:

  • Lectura de familias ao noso alumnado: "Familias que contan".
  • Os nenos e nenas de 6º de primaria contan contos teatralizados a aos seus compañeir@s dende infantil ata 5º primaria.
  • "Libros que buscan fogar", unha iniciativa solidaria de libros do espurgo da nosa biblioteca que foron colocados en caixas por puntos da vila para quen os queira coller.
  • Feira do libro; cada neno/a trouxo un libro da sùa casa e fixo un troco cun compañeiro/a.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut