Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

PLAMBE

APERTURA DE BIBLIOSOLANAS!

COLOCACIÓN DOS LIBROS DE EMPRÉSTITO DE VERÁN

Entre o equipo de biblioteca e os axudantes de 6º de primaria colocaron todos os libros que puidemos disfrutar durante as vacacións de verán.

APERTURA DE BIBLISOLANAS CURSO 2023-2024

Coa apertura todo o alumnado tivo o agasallo dun marcapáxinas de Pinchi.

Cos primeiros empréstitos, o alumnado que acudíu a biblioteca tivo unha chapa.

 

Premer na imaxe para ver o contido.

AGASALLOS DA BIBLIOTECA AO ALUMNADO INFANTIL E PRIMARIA

A Biblioteca da un agasallo todos os anos ao alumnado de infantil e primaria :

  • En cada clase ao neno ou nena que tivo máis empréstitos en KOHA.
  • Ao alumnado que completou o PASAPORTE LECTOR.
  • Alumnado que ademáis do Pasaporte Lector completou un Diario de lecturas.

Máis empréstitos KOHA

 

 

Alumnado completou o Pasaporte Lector.

Alumnado de 4ºP completou pasaporte e diario de lecturas.

Alumnado de 5º P. que completou pasaporte e diario de lecturas.

 

PRESTAMO DE VERÁN NA BIBLIOTECA

A Biblioteca retoma a actividade do préstamo de verán. Cada neno/a pode escoller ata 5 libros da biblio para levar no verán a súa casa.

A profe Yolanda e os nenos/as voluntarios/as de 6º primaria estiveron facendo o préstamo aos seus compañeiros/as.

Preme na imaxe.

ABRIL MES DOS LIBROS. BIBLIOSOLANAS 2023

   
  

"CEREBRO E XOGO". Formación familias con María Couso

BiblioSolanas, no seu programa "Lectura e familias", convidou as familias a formación de "Cerebro e Xogo" de María Couso, creadora de PlayFunLearning.

Familias e profesorado formándose xuntas nunhas tardes moi interesantes e divertidas.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: 8M

En Solanas conmemoramos o DÍA DA MULLER con diferentes actividades:

  • Durante todo a semana, a Biblioteca tivo unha exposición con libros de mulleres referentes.
  • Tivemos unha exposición de Mulleres Bravas na cortiza da entrada do colexio.
  • O alumnado de Infantil homenaxeou as "Mulleres da súa vida". Todos e todas debuxaron as súas mulleres para colocalas nun mural homenaxe no corredor.
  • O alumnado de Primaria traballou a vida de "Mulleres Marabillosas" nunha actividade conxunta para toda a etapa.
  • E o alumnado de 5º de Primaria mensaxeou con mulleres relevantes da nosa Historia.

SEMANA DA PRENSA:6 AO 10 de marzo

Durante esta semana, a Hora de Ler, o alumnado traballará con xornais e revistas de Solanas doutros anos.

Poderán ver a compañeiros e compañeiras de agora e outros/as que xa non están no colexio, en actividades doutros anos.

PRESENTACIÓN LIBRO: "Mireia conta que é o dano cerebral adquirido" OS BOLECHAS

A federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) nos presenta o libro dos Bolechas "Mireia conta que é o dano cerebral adquirido".

Moitas grazas pola visita.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: 11 de febreiro

Festexamos este día para a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Dende a Biblioteca nos propuxeron un concurso onde cada clase participaba unida e resolvendo unha sopa de letras con nomes de mulleres científicas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut