Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

RADIO TREBOADA: OBRADOIRO CHARO PITA

O alumnado de 4º de educación Primaria tivo

un obradoiro con Charo Pita e no seguinte podcats explicarános  

a súa experiencia.

Preme no seguinte enlace: RADIO TREBOADA CON CHARO PITA.

   
   

CIRCUITOS ELÉCTRICOS DO ALUMNADO 6º PRIMARIA 2023

Un circuito eléctrico é un conxunto de elementos eléctricos conectados entre sí que permiten xerar, transportar e utilizar enerxía eléctrica.

O alumnado de 6º de educación primaria estivo traballando con elementos coma xeradores, cables conductores, interruptores e receptores, para crear unhas maquetas con base de circuito eléctrico.

Preme na seguinte imaxe para ver o vídeo.

 

 

NAVEGA CON RUMBO 2023

 

O programa Navega con Rumbo consiste na realización de charlas informativas para o alumnado, profesorado e familias nos centros educativos a cargo de especialistas do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia. Nestas charlas abordaranse os usos positivos da rede e daranse estratexias para previr posibles riscos; seguridade na rede, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e das redes sociais...

 
 

SEMANA DA DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL 2023

Dentro da nosa Semana da Diversidade Afectivo Sexual tivemos o pintado do muro do patio de educación infantil coas cores da bandeira LGTBI.

LETRAS GALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

As Letras Galegas 2023, na súa 60 edición, rinden homenaxe ao traductor, novelista, periodista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.

A continuación, preme nas imaxes para poder ver as nosas actividades:

Actividade conxunta realizada polos tres colexios públicos de A Guarda: marcapáxinas con código QR, onde pódese escoitar a vida, obra e curiosidades do autor.

 

 

Photocall coas caroutas decoradas polo alumnado.

 

 Chocolatada ANPA Os Muiño

 

 "Uxía. Rosalía pequeniña" conto musicalizado polo alumnado de 5º de primaria.

 

 

 

RADIO TREBOADA COAS LETRAS GALEGAS 2023

O

O alumnado de 5º de educación primaria

estivo traballando nun conto musicalizado:

"Uxía.Rosalía pequeniña".

Ver vídeo co alumnado participante: PREME.

 

 

Preme no seguinte enlace para escoitalo:

RADIO TREBOADA COAS LETRAS GALEGAS 2023.

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023

Fondo solidario de libros de texto(3º, 4º, 5º e 6º de EP): o pode solicitar todo o alumnado destes cursos; os libros dispoñibles repártense entre os admitidos por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: 6 libros (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou 4 libros (renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de EP); vale por 240€ (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou vale por 160€ (renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

Axudas para adquirir material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP); vale por 75€ (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou vale por 60€(renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

 

 

Prazo de presentación:

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 20 de maio e rematará o 21 de xuño de 2023.

 

 

O procedemento de presentación da solicitude pode ser:

 

  • Presencial: Presentación da solicitude no centro cuberta de xeito manual. No colexio temos os impresos para a solicitude, que unha vez cubertos deben presentarse na secretaría do centro.

  • Por vía electrónica: Acceso dos cidadáns á aplicación Fondolibros para elaborar a solicitude (https://edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica de Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Documentos que hai que presentar:

  • Solicitude cumprimentada (única para todos os fillos/as).

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

  • No caso de violencia de xénero: documentación xustificativa.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2021.

 

Se vostede quere a solicitude preme no seguinte ENLACE.

 

Calquera outra dúbida poden consultala na secretaría do colexio (teléfono 886110075) ou no portal educativo da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.gal/portal/

 

Podedes atopar toda a información no seguinte ENLACE.

OBRADOIRO DE COSTURA: CREACIÓN DUNHA BOLSIÑA

Continuamos coa creación das nosas bolsiñas.

Preme nas fotografías para ver os nosos traballos.

Parte I. Preparar o cosido da tea. Parte II. Primer cosido coa máquina de coser.
   

 

 

DESPEDIDA DE DORI. AUXILIAR DE CONVERSA 2022-2023

Grazas por acompañarnos este ano Dori.

Volve cando queiras.

Foi un pracer compartir este curso contigo.Risa

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA. PLAN LÍA 3

 

O Plan LIA de bibliotecas escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe, pretende dar resposta ás necesidades de fomento da lectura no ámbito educativo.
 
 Este Plan LIA busca a integración de todas as actuacións da consellería a prol das bibliotecas escolares para a mellora das competencias de lectura, escritura e habilidades  investigadoras e de uso da información do alumnado galego.
 
O noso centro foi seleccionado no 2021 como centro de nova incorporación a este plan da Consellería de Educación.
 
Despois de un ano e medio de obras e mudanzas, conseguimos inagurar coa visita da Directora Xeral de Innovación Educativa, o Xefe Territorial de Pontevedra e Asesorías de Bibliotecas.
 
Grazas a todas as familias por asistir a nosa festa, foi un pracer para todo o profesorado compartir esta tarde con vos.
 
Preme nas imaxes para ver as fotos.
 
 
 RADIO TREBOADA ENTREVISTA A DIRECTORA XERAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

O alumnado de 5º de Educación Primaria, entrevista en Radio Treboada a Directora Xeral de Innovación Educativa dona Judith Fernández Novoa.

Preme no seguinte enlace para escoitala: ENTREVISTA A JUDITH FERNÁNDEZ.

 

 

VOLUNTARIADO DE LECTURA. LECTURAS COMPARTIDAS NA CLASE DE 4 ANOS

Ainoha e Valeria de 2º de educación primaria comparten unha hora de ler co alumnado de 4 anos.

O libro escollido foi: "A toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza".

 



by Dr. Radut