O alumnado de 6º A realiza o proxecto: construir unha autoestrada dixestiva.
Fixemos un modelo do tubo dixestivo en liña coas medidas reais; a boca mide 10cm, a farinxe, 13cm; o esófago, 25 cm; o intestino delgado, 625cm e o groso, 150 cm.
Durante dúas xornadas, o alumnado de Primaria tivo sesións para coñecer o Balonman.
Do Atlético Guardés visitounos Fabio Lima que é o coordinador da base.
Do Atlético Novás, estivo César Armán, coordinador da base e entrenador do primeiro equipo. Ademaís de Oriol Castellarnau, segundo entrenador do primeiro equipo. Acompañados por Miguel, xogador do primeiro equipo.
Durante a semana anterior, na Hora de Ler, temos a "Semana das Múltpiles Capacidades"onde visionamos difentes cortometraxes. Cada aula tiña a proxección dun corto: Ourizo, O cazo de Lorenzo, Ian, O agasallo, O soño de Pedro...
Despois de ver o corto, tiñamos unha reflexión conxunta e de agasallo un marcapáxinas.
No primeiro trimestre, o alumnado de Solanas traballou o Universo: maquetas, construcción de planetas...
Os seus traballos estan expostos nos corredores do colexio e nas clases de educación infantil. Ademáis BiblioSolanas tivo exposción de libros con esta temática.
O profesorado de educación infantil invitou as súas compañeiras e compañeiros do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián a facer unha mañá de convivencia e traballar todos xuntos.
Tiveron: planetario, circuito sensorial do Universo, construcción de galaxias, visita a nosa exposición de traballos, visionado do vídeo do primer ser vivo en saír ao espazo...
O alumnado do 3º ciclo tivo diferentes sesións para traballar con LEGO e con placas makey makey:
O obxectivo de traballar con LEGO é "aprender facendo". Nesta actividade os nenos e nenos tiñan que construir animais seguindo os pasos dados nas instrucións.
As placas makey makey permite converter obxectos cotiás en paneis dixitais. Empregamos o grafito (da punta dos lápis) como conductor de electricidade en dúas actividades: un piano e nunha viñeta con diálogos.