Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

SEMANA DA DIVERSIDADE. DÍA DO AUTISMO: 3 de abril

Vídeo sobre que é para o alumnado de Solanas a diversidade

No Día do Autismo  traballamos co infinito multicolor como simboloxía que representa a neurodiversidade: "UN MAR POLO AUTISMO".

   
Preme para ver o vídeo Preme na icona do infinito para ver as accións que o noso alumnado considera para incluir ao alumnado con TEA

"CEREBRO E XOGO". Formación familias con María Couso

BiblioSolanas, no seu programa "Lectura e familias", convidou as familias a formación de "Cerebro e Xogo" de María Couso, creadora de PlayFunLearning.

Familias e profesorado formándose xuntas nunhas tardes moi interesantes e divertidas.

FERIA INNOVART 2023 de ensinanzas artísticas, idiomas e deportivas.

A feira foi un evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas de Galicia, coa exposición de material divulgativo e actividades interactivas como obradoiros, concertos de música ao vivo e conferencias. 

O alumnado de 3º a 6º de Primaria poido coñecer ensinanzas artísticas que se realizan nos diferentes conservatorios, escolas de idiomas e institutos de toda Galicia.

ABRIL MES DOS LIBROS. BIBLIOSOLANAS 2023

   
  

DÍA SOBRE RODAS 2023

O 19 de abril rendimos homenaxe a este vehículo de dúas rodas, ecolóxico e económico.

Tivemos diferentes actividades:

  • Infantil e de 1º a 3º de primaria fixeron unha xincana; un percorrido polo pavillón con diferentes obstáculos e probas variadas.
  • O alumnado de 4º a 6º de primaria fixeron unha saída sobre rodas: os patinetes polo porto de A Guarda e as bicicletas ata a Praia de O Muiño.

Preme nas fotos para ver o vídeo.

XINCANA POLO PAVILLÓN     SAÍDA SOBRE RODAS
            

 

EXPERIMENTOS EN CIENCIAS NO MES DE ABRIL 2023

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unhas sesións de experimentos durante este mes:

  • O alumnado de 5º de primaria estivo traballando co tema da materia e enerxía : as súas propiedades xerais (masa e volume) e as específicas (densidade, flotabilidade, dureza...) e a súa clasificación segundo o tipo de materia.
  • O alumnado de 6º de primaria estivo co tema da electricidade e magnetismo: electricidade estática, circuitos eléctricos...

Preme nos seguintes apartados e bota unha ollada ao ben que o pasamos.

Propiedades Xerais da materia:

masa e o volume

Separación de mesturas: métodos

   

Electricidade estática

Circuitos eléctricos

 

OBRADOIRO DE COSTURA 2023.BIBLIOTECA CREATIVA

Coa estrea dunha nova sección en BiblioSolanas... obradoiro de costura co alumnado de Proxecto Competencial de 5º e 6º de Primaria.

1º xornada:

Punto bastilla

2º xornada:

Cosemos un botón

   

 

 

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2023-2024

INDIANA BILL 2023

O alumnado de infantil estivo en Indiana Bill.



by Dr. Radut