Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

25/04/2022 08:11
Europe/Madrid

 

Convocamos como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas.

Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de Harry Potter", vos propoñemos crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguetes,...), facer unha FOTO e enviala ó mail: solanas.concursos@gmail.com

Haberá un premio por aula.

O prazo é do 25 de Abril ata o 9 de Maio.


 

ANIMÁDEVOS!!! 

PRIMEIRO DÍA DE PISCINA

Dentro da materia de Educación Física, durante unha sesión semanal, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria poden ter clases de natación na Piscina Municipal de A Guarda.

É unha actividade desevolvida polo Concello de A Guarda para o alumnado de 3º ciclo que non se podía realizar dende fai dous anos.

 

PLAN XOGADE EN CICLISMO PARA 3º E 4º PRIMARIA

O Plan Xogade é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo achegar ao alumnado a posibilidade de practicar e competir, en diferentes deportes, no ámbito escolar.

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria realizaron unha xincana, onde nun circuito tiñan que superar unha serie de obstáculos e probas nas súas bicicletas.

FORMIGUEIROS. ECOSISTEMAS TERRESTRES

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes os nosos primeiros formigueiros en primaria.

CHARLA "NAVEGA CON RUMBO": 5º e 6º Primaria

O Programa "Navega con Rumbo" é unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de internet.

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla cun enxeñeiro informático da Consellería que lles falou do divertido e útil que é internet pero tamén dos seus perigos.

DÍA SOBRE RODAS: 29 de abril

O alumnado e profesorado do colexio puido vir en bicicleta ou patinete neste día sobre rodas.

Os nenos e nenas de infantil e de 1º a 3º de primaria tiveron circuitos no pavillón, mentres que de 4º a 6º de primaria saíron a facer diferentes rutas.

 

Menú de Maio 2022

       
 

 
     

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR: 2 de maio

O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar coa finalidade de concienciar sobre o acoso escolar que afecta a moitos rapaces e rapazas.

Hai moitos tipos de acoso escolar: ciberacoso, bloqueo social, intimidación, manipulación, agresións, ameazas, homfobía...

O "bullying" é calquera forma de maltrato verbal ou físico entre o alumnado de xeito reiterado e ao longo dun tempo.

O alumnado de 6º de primaria fixo un rap para recordar que temos que ser valentes e denunciar se o sufrimos ou coñecemos a alguén que o sofre.

VALENTES DE SOLANAS

 

Programa de Radio Treboada 29 de abril 2022

Bos días radio oíntes!!
O pasado 23 de abril foi o día de libro e non pudimos deixar voar esta magnífica ocasión para elaborar un programa de radio centrado nos... LIBROS!!
Dádelle ao play e "comédevos" toda a información que nos traen xs nosxs treboeirxs!!

Programa de Radio Treboada 6 de maio 2022

Coma cada venres, aquí está de novo... Radio Treboada!
Desta vez, informando e reflexionando sobre unha triste realidade que acontece nalgúns centros educativos: O ACOSO ESCOLAR.
Click no "play" e... conciénciate ti tamén!

 



by Dr. Radut