Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

VISITA NA CLASE DE MÚSICA

David é músico e pai de dous alumnos do colexio; Brais e Martín.

Esta semana asistíu a varias sesións das clases de música para ensinar o seu instrumento: o trombón. Tamén trouxo a trompeta e tuba para acompañar a algúns nenos/as músicos do colexio.

Moitas grazas pola visita. Volta cando queirasRisa

 

 
 

SAÍDA A SALA ÁRTIKA DE VIGO: infantil e 1º ciclo primaria

Despois de dous anos, o alumnado de Solanas volveu facer unha saída escolar fóra do noso Concello.

Todo infantil e o primeiro ciclo de primaria foron ver a obra de teatro "Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos!" na Sala Ártika de Vigo.

Voltaron encantad@s coa experiencia. Desexando facer máis.

 
 
 

MACEDONIA EN 1º PRIMARIA

O alumnado de 1º de educación primaria ten unha xornada moi divertida facendo unha apetitosa macedonia.

 

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE: 22 de marzo

Para festexar este día, creamos unha exposición "Bosque de coidado de criaturas máxicas" nun corredor do edificio de primaria.

Cada aula fixo a decoración dunha árbore e dunha criatura máxica: dragóns, unicornios, centauro, trols, fluffy, araña acromantula, hipogrifo e xigante. Cada criatura máxica era o protagonista dunha poesía.

 

 

COIDADO DA HORTA ESCOLAR POLO ALUMNADO DE 3 ANOS

Os nenos e nenas de 4º de educación infantil estiveron regando, limpando e plantando na nosa horta escolar. Fixeron moi bo traballo.

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO: 4 de abril

O tema elexido para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 é "Unha feliz viaxe pola vida", polos dereitos das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a vivir unha vida feliz.

O alumnado e o profesorado trouxo ao colexio un obxecto de cor azul que lle fai feliz, que lle facilita a súa vida, que lle ten agarimo...

CONTACONTOS E EXPOSICIÓN "O PRINCIPIÑO": 5º e 6º de educación infantil

No mes do libro, o Concello de A Guarda convidóunos a Casa dos Alonsos para:

  • Unha exposición de máis de 250 exemplares sobre a obra máis famosa do escritor francés Antoine de Saint-Exepéry.
  • Contacontos "O principiño".

Aproveitamos a visita para coñecer a sala de plenos do Concello e ao alcalde da nosa vila.

ANDAINA CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA: 4º, 5º e 6º primaria.

Actividade escolar proposta polo Concello de A Guarda "Percorremos A Guarda como peregrinos".

O punto de saída foi o embarcadoiro do Pasaxe e rematou na praia de Fedorento. 

Fixemos unha andaina guiada con breves paradas onde se explicaron referencias xacobeas presentes no percorrido, resolvendo dúbidas ou curiosidades que foron xurdindo.

Andaina de 5º e 6º de primaria:

Andaina 4º de educación primaria

 

EASTER EGGS HUNT

The English department celebrates Easter with a chocolate egg hunt at school.

Easter bunny hid the eggs in the yard and the students had to look for them

 

 

Programa de Radio Treboada 8-abril-2022

Despois dunha semana de espera... aquí chega de novo Radio Treboada!
Programa número 11 para despedir este segundo trimestre!
Dádelle click ao play e... a gozar!
Os treboeirxs vos desexamos unhas felices vacacións! Descansade e cargade as pilas porque...

esta redacción non para de traballarrrrr!!

 



by Dr. Radut