Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

ENTERRO HORROCRUX 2022

 

Seguindo co noso proxecto da Biblioteca, este ano en vez de "enterro de peixemeco" tivemos "Enterro de Horrocrux".

Un horrocrux é un obxecto moi poderoso no que o mago ou bruxa oculta parte da súa alma co propósito de lograr a inmortalidade.

Ao longo da semana de entroido, cada clase fixo o seu obxecto máxico para a súa posterior queima.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 de marzo

O día 8 de marzo conmemórase o "Día Internacional da Muller" que reinvindica a igualdade entre homes e mulleres, a búsqueda dunha sociedade equitativa e xusta.

Dende o colexio queremos sumarmos ao empoderamento das nenas e mulleres.

SOMOS MULLERES SOLANAS.

SOMOS MULLERES E SOMOS O QUE QUEIRAMOS SER.

 

 

 

Programa de Radio Treboada 11 de marzo 2022

Radio Treboada de novo nas ondas!
PROGRAMA NÚMERO 8!


Desta vez, un programa adicado en exclusiva ao 8M - Día Internacional da Muller.
Nel, promovendo a igualdade entre homes e mulleres, atoparedes unha chea de información que vos fará non só nutrirvos, senón debatir e reflexionar.
Algo a salientar? A visita de Zulema González González! Primeira e única arbitra de fútbol internacional galega! De novo, os treboeirxs dámoste as grazas por vir!
Sen dúbida, as palabras que nos regala na súa entrevista fannos reflexionar sobre a situación que vive na actualidade e, ao mesmo tempo, fannos ansiar un cambio radical no mundo da arbitraxe do fútbol.
Click no play e... a gozar!!

SEMANA DA PRENSA: do 7 ao 11 de marzo

O alumnado de 6º de educación primaria estivo traballando o xornal na Semana da Prensa.

Nas horas de lingua e lengua empregaron o xornal para traballar cos tempos verbais; procura de tempos verbais e creación dunha roda de verbos.

En ciencias fixeron o seu propio "Daily Prophet" que era o diario informativo ao servizo do Ministerio de Maxia en Harry Potter (actividade dentro do noso proxecto anual de centro da Biblioteca).

 

Programa de Radio Treboada 18 de marzo 2022

Radio Treboada, de novo, coma todos os venres... volve ás ondas!!
Desta vez, sen temática ningunha. Dando liberdade á imaxinación dentro de cada sección!
E tanta liberdade se deixou, que ata conseguimos un patrocinador para a nosa querida radio!
Preme no PLAY e... a mergullarse nas ondas treboeiras!!!

St. Patrick´s week

Esta semana celebramos o día de San Patricio, o patrón de Irlanda. Os nenos e nenas coñeceron a través de manualidades e cancións os símbolos máis representativos desta festa. O alumnado de 1º e 2º de primaria fixeron unha careta do famoso elfo de San Patricio Risa

 

 

 

 

 

St. Patrick´s Day

EXPOSICIÓN "AS MULLERES DA MIÑA VIDA"

Na semana do 21 ao 25 de marzo, podedes visitar a exposición "As mulleres da nosa vida" de 09.00 a 09.30 a 13.30 a 14.00 horas no Domoxeodésico.

Esta actividade foi realizada polo Día da Muller, cada neno e nena fixo o debuxo da muller súa vida.

 

Programa de Radio Treboada 25-marzo-2022

E xa chegamos ao...DÉCIMO  PROGRAMA!

Radio Treboada volve ás ondas, coma todos os venres, con información do máximo interese!
Desta vez, contamos coa entrevista dun dos integrantes do grupo de percusión Odaiko. Ademais, temos curiosidades sobre os animais invertebrados, recomendacións lectoras, chistes e moito máis!
Dalle ao play e descúbreo por ti mesm@!

DIA DA AUGA: 22 de marzo

O Dia da auga pretende concienciar sobre o coidado da auga, tan necesaria para os seres vivos do planeta.

A auga é un recurso limitado e temos que traballar para a súa preservación. Se algún día escasease, traería consecuencias para toda a humanidade.

O alumnado de 4º de primaria foi visitar a Depuradora Municipal de A Guarda, onde dous técnicos explicaron o funcionamento das instalacións: as actividades humanas ensucian a auga, por iso temos que limpiala antes de que volva ao mar.

O alumnado de 2º de primaria realizou un mural explicativo dos coidados da auga; coma eles en actividades cotiás empregan a auga e non a poden malgastar.

O alumando de 6º de infantil e 5º/6º primaria visualizaron un vídeo divulgativo sobre a relevancia do auga no medioambiente e fixeron uns imáns "Cada gota, conta".

 

 

 



by Dr. Radut