Para hoy os traigo la canción de Cumpleaños Feliz con la flauta, que siempre está genial saber tocarla. Va despacito así que podréis aprenderla sin problema. De todos modos, si os resulta rápida, explica al principo del vídeo cómo ponerla más lenta (pedir ayuda en casa para que os ayuden a configurar esta opción).
Recordar, primero practicarla sobre la barbilla, sin soplar y después, cuando ya controléis el movimiento de los dedos, probar soplando a ver cómo suena.
Seguiremos co proxecto MIRÓ, porque lles será familiar e porque a súa sinxeleza nas formas que realiza e o uso de cores nas que destaca a súa orixinalidade, son aspectos que están intimamente relacionados coa forma de representación infantil.
Os nenos gústalles observar cadros, imaxinar o que se representa neles e imitar aos grandes pintores coas obras que eles mesmos levan a cabo. E se hai un artista cuxa técnica e universo imaxinario está fortemente relacionado co mundo infantil, é Joan Miró.
Segunda actividade de MIRÓ:primeiro podemos ver un video dunha obra de arte de Miró que se titula XARDÍN (deixo o enlace abaixo, é cortiño pero moi motivador)
Escollín este vídeo porque así enlazamos co tema das flores e da primavera.
Veremos os elementos que se repetirán ao longo da obra de Miró.
Este é o segundo traballo que imos facer ( primeiro foi o autorretrato da semana pasada).
Suxestión de actividade:
Pinta ou recorta círculos (en papel de revistas, folios de cores, cartón, o que teñas por casa)como flores e fai o teu propio xardín.
Por certo, onte vin unha foto das paredes da habitación dunhas compañeiras vosas de Solanas que estaban cheas das obras de arte que está facendo estos días. Preciosa.
Seguindo á espera de Instruccións por parte da Consellería, dende o Departamento de Orientación decidimos elaborar unha enquisa moi sinxela para saber a situación de cada unha das nosas familias e así organizar o mellor posible o 3º trimestre.
Foi elaborada en Google Forms e enviada a través de Tokapp.
Toda a información recollida será de vital importancia para a nosa labor.
Moitas grazas familias!
Recordade que tedes ata as 12 da noite do venres 17 de abril para cubrila.
HOXE COLGAMOS NA PÁXINA UNHA ACTIVIDADE QUE FIXÉRAMOS O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN L. PARA FESTEXAR O DÍA QUE NACEU ROSALÍA DE CASTRO. RECORDAREMOS CON CARIÑO E NOSTALXIA ESTE ACTO QUE REALIZAMOS CONXUNTAMENTE TODO O ALUMNADO.
UN REGALIÑO DENDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN.
ÁNIMO E UN APLAUSO MOI FORTE PARA VÓS, QUE ESTADES SENDO MOI VALENTES.