Skip to Content

Extraescolares

FestiBaión

E para rematar este curso de CINE, este venres 21 de xuño, non podía faltar o FESTIBAIÓN. Nel todo alumnado puido demostrar as súas dotes artísticas con coreografías, interpretacións musicais e curtas espectaculares. Tamén tivo lugar a primeira edición dos Premios Pita e a emotiva Graduación e despedida do querido alumnado de 6º de Primaria. Ademais, como todo festival de cine que se prece tivemos tamén unha alfombra vermella onde as nosas Grandes Estrelas puideron posar para as cámaras nun marabilloso photocall acompañadas das súas familias. 

(pincha na imaxe para ver as fotos deste gran día) 
 
 
 
Álbum: Curso 2023/2024 -> Festibaión

Almorzos saudables no Pazo de Vista Real

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria están disfrutando no Pazo de Vista Real dun almorzo moi especial, ofrecido polo Obradoiro de Hostaleria "Mar de Santiago".

Álbum: Curso 2023/2024 -> Almorzos saudables

Excursión Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Aquí tedes as fotos da excursión que fixemos ao parque arqueolóxico de Campo Lameirro.

Pincha na imaxe para acceder á galeria fotográfica.
 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2023/2024 -> Campolameiro

Augas de Galicia

O pasado venres, 24 de maio, o alumnado de primaria participou na campaña que está a desenvolver Augas de Galicia de información sobre as medidas de prevención e redución de riscos de asolagamento. Na nosa comarca a área de maior risco está en torno ás ribeiras do río Umia.

 
 
 
 
 

Visita Josito Porto

Como neste curso no colexio estamos traballando nun proxecto sobre o Cine, este xoves 9 de maio, tivemos o pracer de recibir a visita dun gran actor e músico galego, Josito Porto.

As reporteiras de 6º aproveitaron para facerlle unha entrevista coa que puidemos coñecer máis sobre a súa traxectoria profesional e algúns segredos da gran pantalla. 

Moitas grazas a Josito Porto por dedicarnos de forma desinteresada parte do seu valioso tempo.

(pincha na imaxe para ver máis fotos)

(nova na prensa)

Álbum: Curso 2023/2024 -> Josito Porto

Visita a Pontevedra

O venres 12 de abril, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria realizamos unha visita ao Museo de Pontevedra.   Foi do máis interesante é entretida. Por unha banda, o alumnado de 3º e 4º xogou a ser detectives, seguindo  unha serie de pistas foron quen de descubrir quen  “roubara un dos cadros do museo”. Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º realizou unha interesante viaxe pola Prehistoria na que aprenderon un montón de cousas.  Dende o Museo convidaron aos rapaces e rapazas a volver visitar o Museo acompañados das súas familias, xa que aínda lle quedaron moitas salas por descubrir, a visita é gratuíta e realizan talleres e actividades para os rapaces e rapazas que poden consultar na súa páxina web.

Por último, realizamos unha visita guiada polo centro histórico da cidade na que descubriron os segredos e a historia das súas rúas, prazas e edificios máis emblemáticos. Dende aquí o noso agradecemento á Deputación de Pontevedra por facilitarnos á visita e o desprazamento ao museo e á Oficina de Municipal de Turismo de Pontevedra e, en especial, á súa guía Raquel que tan ben nos acompañou e explicou todo.

(pincha na imaxe para ver máis fotos)

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visitamos Pontevedra

O bosque atlántico

O educador ambiental Marcos Guiadanes visitou o noso centro para dar unha charla ao noso alumnado de quinto e sexto de primaria. O tema da exposición foi "O BOSQUE ATLÁNTICO".

Foi unha charla moi amena onde puidemos saber cales son as especies árboreas orixinais do noso ecosístema e coñecer que o principal problema que padece esta parte de Galicia é a alarmante redución da grande biodiversidade que existiu nun dos ecosistemas máis ricos do planeta como é o bosque atlántico. Marcos fíxonos reflexionar sobre a tarefa que temos para correxilo e que corresponde aos que vivimos aquí.

Agradecer ao concello de Vilanova pola organización desta actividade.

E.. chegou o Entroido!!!

Como este curso Sestelo é un cole de Cine, tocou disfrazarse de personaxes da gran pantalla.
E, como xa vén sendo tradición, as familias acompañáronnos nesta celebración e colaboraron traendo uns doces típicos destas datas: orellas, filloas, rosquillas... Estaban de película!
Graciñas pola vosa colaboración.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Entroido de Cine!

Obradoiro de primeiros auxilios

A educación en primeiros auxilios prepara aos estudantes a afrontar situacións de emerxencia médica. É importante que os nenos e nenas aprendan como actuar en caso dunha emerxencia e teñan as habilidades necesarias para previr unha situación de risco. Por iso, e grazas a colaboración da Anpa do centro, o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria participou nun obradoiro onde aprenderon as técnicas asistenciais básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP). A actividade foi impartida por Rubén Navarro, profesor da USC e veciño de Vilanova.

Agradecer a Rubén e a Anpa a organización desta interesante actividade.

 

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut