Skip to Content

Todas e todos contamos

Todo o alumnado do centro participou na actividade desenvolta pola Fundación Igualarte: “Todos e todas contamos”, unha proposta inclusiva que contou con tres obradoiros:

Contacontos "A Familia", conto teatralizado sobre os diferentes tipos de familias: monoparentais, cos dúas nais, dous pais, numerosas...que rematou cunha activdade plástica: a creación dun móbil.

Teatro "As tarefas no fogar, entre todos e todas", aprendemos rindo do serio que é o reparto das tarefas e a igualdade de xénero.

Percusión: actividade de percusión corporal e con instrumentos. Batucada entre o alumnado e os monitores.

Pinchando na foto podedes ver imaxes da actividade.

 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2024/2025 -> Todas e todos contamos


album | by Dr. Radut