Skip to Content

XORNADAS PORTAS ABERTAS

As familias que esteades interesadas en visitar e coñecer o noso centro, de cara a matriculación para o novo curso 2023-2024, podedes facelo nas xornadas de portas abertas, que serán nas seguintes datas:

            MARTES 7 DE FEBREIRO ás 16:00h.

            MARTES 14 DE FEBREIRO ás 16:00h.

 

 

 

Agradecemos que nos chamedes por teléfono para confirmar a visita, coa finalidade de organizarla para atendervos mellor. Lembrade que son reunións para adultos. Por favor, acudide sen cativos.

 

Tamén, vos invitamos a coñecer o funcionamento do noso centro a través dos diferentes apartados desta web, onde podedes acadar información sobre as nosas instalacións, servizos que ofrecemos e algunhas actividades que desenvolvemos.

Ínauguración da biblioteca

             

Samaín 2022/2023

 

 

NON VOS PERDADES A NOVA ENTRADA NO "FARO DE SÁRDOMA".

Preme na imaxe para acceder.

 

AMPLIACIÓN CHEQUES MATERIAL ESCOLAR

 

 

A Consellería de Educación ven de aprobar unha ampliación das axudas de material escolar por importe de 25 €, concedida automaticamente ó alumnado xa beneficiado con anterioridade. Podedes consultar a Resolución no seguinte enlace.

 

 

Estes cheques deben gastarse antes do 1 de decembro de 2022.

 

As persoas beneficiadas podedes pasar por Secretaría para recoller os cheques o vindeiro mércores 19 de outubro entre 13:30 ata14:30 horas ou xoves 20 de outubro de 9:30 a 10:10 horas.

No caso de non poder acudir ese día, pedímosvos que vos comuniquedes a través do email explicando as vosas circunstancias.

 

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor

     O Concello de Vigo vén de convocar as axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Secundaria para o curso 2022/2023.

 

No seguinte enlace podedes acceder á convocatoria: https://drive.google.com/file/d/1HJGpRWfrRrpHEZhSlGEOHLdYavWRP0J8/view?usp=sharing e tamén ás bases reguladoras: https://drive.google.com/file/d/1Cxgm0QsGIrWtH4FF33cjmY_1LtDIC1Q4/view?usp=sharing

 

O prazo de solicitude comenza mañá martes día 12 de xullo e remata o martes día 09 de Agosto

 

Podedes descargar aquí a solicitude e os anexos en PDF: https://drive.google.com/file/d/1kVU0yB4zVmcjYJjpNYL004bTDR1Hvypp/view?usp=sharing ou en FORMATO EDITABLE: https://drive.google.com/file/d/1nCkm95s0BSd7g8M2Y7YKedDro0Jk66RG/view?usp=sharing

 

Poden presentarse na carpeta cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa.

Distribuir contido


by Dr. Radut