Skip to Content

Educación Infantil

O galo canta

E como xa estamos metidxs nun novo proxecto, aquí vos deixamos a nosa actuación da biblioteca, a ver se adiviñades sobre que estamos investigando agora!

PROXECTO "A ORQUESTRA"

Os últimos meses estivemos traballando sobre a orquestra, aquí vos deixamos un resumo. Moitísimas grazas a todas as familias por colaborar, en especial á mamá de Emily, que visitou o noso cole para ensinarnos moitos tipos de frautas.

Dentro do proxecto tamén traballamos a obra "El carnaval de los animales" de Camille Saint-Saëns. Pasámolo xenial facendo caretas dos nosos animais favoritos e imitando aos animais do conto.

VIVENCIAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Compartir os xoguetes do Nadal, o día da Paz, o Entroido... foron moitas as experiencias vividas neste comezo de ano 2017!

Actuación O Museo

Os nenos e nenas da clase de 4 anos fixeron unha fantástica actuación sobre o museo na sesión de animación á lectura na biblioteca. Está claro que son grandes artistas!

RECICLAMOS PAPEL

Os nenos e nenas de Educación Infantil estamos participando no programa de reciclaxe "Refugallando". O outro día reutilizamos xornais vellos para facer papel novo!

 

UN ENTROIDO MEDIEVAL

Tiri, tiri, tiritá

Que frío temos este inverno! Para entrar en calor bailamos na biblioteca a nosa canción preferida: "Tiri, tiri, tiritá". Mirade que ritmo!

Visita ao MAC - 4 anos

A pasada semana visitamos o museo MAC. A visita levaba por título "Quen dixo medo?", co obxectivo de aliviar os medos propios da idade dos nenos e descubrir a dimensión lúdica das emocións (incluídas as desagradables). Comezamos vendo unha representación teatral na que Carmola, a protagonista, lle tiña medo aos lobos. Os nenos puideron ver como superaba este medo dun xeito moi divertido. A continuación fixemos un percorrido polo museo contemplando diferentes obras obras e descubrindo que as cousas non sempre son o que parecen. Por último realizamos un obradoiro moi doce, aprendendo como ser máis fortes cando algo nos asusta. Mirade como disfrutaron!

Mira bien!

Aqui tedes a actuación  de outono dos nen@s de 4 anos. Mirade que artistas!

Proxecto "O lobo"

 

Os nenos e nenas de 3 anos estamos aprendendo moitas cousas sobre os lobos. Aquí deixamos un resumo para que vexades o ben que o estamos pasando!

Distribuir contido


by Dr. Radut