Skip to Content

Educación Infantil

Adeus inverno

Xa que o sol non se decide a vir, hoxe imos dar a despedida oficial ao inverno con este vídeo. A ver se así conseguimos que veña o bó tempo!

 

 

Pequenos exploradores

Este último mes estivemos moi animados:

- Primeiro participamos no Correlingua 2018 facendo unha camiñata ata a Torre de Hércules.

- Visitamos a Fraga de Sisalde e alí plantamos unhas árbores, entramos nun muíño e vimos como funcionaba, debullamos millo, vimos o Río Sisalde e fixemos unha ruta polo monte.

- Litoral de Arteixo: Hoxe tocaron 2km. ao carón do mar! Comezamos na praia de Repibelo e paseamos ata chegar a Sabón.

 

Despois de tanto movemento estamos moi en forma. Queríamos dar as grazas a Ramón de Medioambiente por facer de guía nas dúas últimas saídas e por explicarnos un montón de cousas.

 

Madriñas e padriños lectores

Os nenos e nenas de 4ºB aproveitaron o Día do Libro para lernos uns contos súper chulis! Como foi tan divertido volveron para conmemorar o Día das Letras Galegas e contarnos outro conto, esta vez de María Victoria Moreno. Aquí podedes ver que ben o pasamos!

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro (23 de abril) ao longo desta semana estamos preparando unha actividade: Padriños lectores. Ao alumnado de 4º B tocoulles apadriñar a 5º de Educación Infantil. Xa nos presentamos aos nosos afillados e foi moi emocionante! Esperamos que disfruten moito o venres cos libros que eleximos para lerlles!

 

Semana da auga 4 anos

O día 22 de marzo celébrase en todo o mundo o Día da auga. Durante toda esa semana puidemos ver os experimentos que os nosos compañeiros nos tiñan preparados e tamén fixemos o noso experimento para que o visen os outros nenos e nenas.

 

 

Paco Papán. Actuación 4 anos

Os nenos e nenas de 4 anos actuamos na biblioteca representando unha das nosas cancións preferidas: "Paco Papán".

 

La libertad de la mariposa

Os nenos e nenas de 5 anos actuaron na biblioteca representando a poesía "La libertad de la mariposa". Que ben o fixeron!!!!

Entroido 2018 (4 anos)

Nadal 2017/18

Antes das vacacións de Nadal estivo de visita o Carteiro Real, que ilusión!

 

Tamén fixemos a nosa actuación para o festival!

 

Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos!

 

 

Temos un museo

O "Crocodilo tragón" é un pouco pillabán e convertíu a nosa aula nun museo! Pasámolo xenial e dende ese día non paramos de aprender cousas  sobre museos, obras de arte, pintores... Nas casas tamén estamos facendo uns traballos chulísimos que xa vos iremos ensinando ;)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut