Ola Familias!!!
Estamos aquí para contarvos como foi este mes de Xaneiro na nosa aula.
Celebramos o primeiro cumpleanos do ano, MARTÍN xa cumpliu 6 anos. Coma sempre fixémoslle uns debuxos moi culos e puxémoslle a súa chapa de cumpleanos.
El trouxonos uns detalliños moi chulos que nos encantaron.
Xa sabedes que agora non sopramos velas, pero aínda así cantamos o cumpleanos feliz e Martín deu a palmada para inaugurar a súa nova idade.
A seguir cumplindo!!!!
Iniciamos un novo mini proxecto sobre o INVERNO, para afondar un pouco no que xa coñecíamos deste tema.
Para iso comenzamos por facer a actividade do FOLIO XIRATORIO, na que cada equipo plasmou cousas que sabían e que sempre nos axuda a que aparezan novos temas relacionados ou xurdan dúbidas.
Este tipo de actividades teñen innumerables ventaxas. Unha delas e que lles esixe buscar formas de chegar a acordos xa sexa para establecer un orden de participación ou para elexir un representante.
Aínda hai equipos que algúns días precisan dun mediador para logralo, pero cada vez conseguen facelo dunha forma máis autónoma.
Aproveitamos para facer un novo mural para a nosa aula relacionada con esta temática, E aquó os tedes mans a obra pintando os seus esquimós.
Neste novo trimestre, na nosa sección de música estivemos aprendendo a diferenciar sons longos e sons curtos, tanto en obxectos cotiás como con instrumentos musicais.
E tivemos a oportunidade de experimentar facendo sonar algúns.
Xa sabedes que ademáis de isto seguimos acercándonos as letras, repasamos as que coñecemos e por fin incluímos un novo número, o 8!!!
Seguimos avanzando neste último curso de educación infantil e esperamos vivir moitas experiencias máis...
Un saúdo!!!