Skip to Content

ÁRBORE DE NADAL

Boas familias,

Nos vindeiros días enviarémosvos un cono de cartolina branca.

A idea é que empreguedes a ponte para facer xunto cos vosos fillos/as a seguinte actividade.

Queremos decorar o noso cole e as aulas e para iso precisamos que decoredes estes conos como árbores de nadal.

Os nenos/as poden empregar toda a súa imaxinación para facelo; podedes usar todo tipo de materiais (cousas recicladas da casa, cartulinas, distintos tipos de papel, purpurinas, pompóns, pegatinas, limpa pipas, goma eva, fieltro, etc). 

A continuación deixámosvos algunhas ideas que vos poden servir de exemplo.

Podedes entregalo os días 9 e 10 de decembro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

As mestras de educación infantil.

 



page | by Dr. Radut