Skip to Content

4º Curso

Festival fin de curso

Gracias a todos pola vosa colaboración e traballo! Aquí tedes o resultado! Parabéns!

Felices vacacións!

l

 

 

 

 

 

PLÁSTICA: IPADS

Xa temos unha ferramenta nova para utilizar na clase! Os alumnos de 3º e 4º comezamos a usalos nunha actividade de plástica moi sinxela e moi divertida: A REALIDADE AUMENTADA!

Pasámolo moi ben porque o resultado foi sorprendente! Queredes velo? Aquí vos deixamos  unha pequena mostra. Seguiremos traballando...

MAIO

A nosa clase colaborou na elaboración do MAIO. E que bonito nos quedou!

SAÍDA: Biblioteca de Arteixo

O 11 de maio visitamos á Biblioteca de Arteixo!

Fixemos unha actividade moi divertida: O TROTACUENTOS!

Buscamos información, seguimos pistas, investigamos e...viaxamos a Hawai, Xapón e Exipto!

 

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Os nen@s de 4º foron padriños/madriñas dos pequeniños de 3 e 4 anos. Que ben o pasamos cos preparativos! Primeiro tivemos que buscar un libro axeitado a súa idade e que lles gustase, despois preparámoslles uns agasallos e, por último, fomos a presentarnos á súa clase.  E, por fin chegou o día... Foi moi emocionante!

 

DOMUS

O día 15 de abril os alumnos de 3º e 4º visitamos a DOMUS, museo interactivo para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana. Tamén vimos unha película en 3D, "Titáns de xeo" que nos transportou ás belas paisaxes xeadas do hemisferio norte de hai 20.000 anos!

 

Parchís ortográfico

 

Aquí tedes un xogo moi divertido para practicar a ortografía:

 

Visita Litoral arteixán

O 19 de marzo fomos de excursión! Fixemos unha longa camiñata polo litoral arteixán!  Andivemos dende a praia de Sabón ata a de Valcobo! A paisaxe é fermosa e,  ainda que facía un pouquiño de frío e nos escapaban as gorras co vento, valeu a pena!

 

 

Visita ASPACE

 O pasado 18 de marzo algúns alumnos e persoal de ASPACE CORUÑA (Asociación de Pais de persoas con parálise cerebral co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e das súas familias) viñeron a visitar o noso colexio para falarnos sobre o xogo adaptado e compartilo con todos nós. Foi unha visita moi interesante e un día moi especial!

Aquí tedes un enlace co seu facebook onde publicaron fotos da visita e algunhas máis que sacamos nós:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Leroucho

Holaaa! Hoxe imos poñer, con un pouco de retraso, a obra que fixemos en fin de curso.

Pasámolo moi ben escribíndoa  e montándoa. Gracias á colaboración de todos e, sobre todo, á nosa gran directora artística: a profe ÁNGELA!

Distribuir contido


by Dr. Radut