Skip to Content

4º Curso

O MAIO

O alumnado de 4º colaborou na elaboración do maio que fixemos no Centro. Quedounos moi bonito!

ANIMACIÓN Á LECTURA

O 10 de maio visitamos a Biblioteca de Meicende e fixéronnos unha actividade moi interesante de animación á lectura: "TROTACUENTOS".

 

Aves mariñas

 

Este curso traballamos as aves mariñas dunha maneira interactiva e moi interesante:

https://www.thinglink.com/scene/1055764859590803459

Imos de visita a Educación Infantil

Os nenos e nenas de 4ºB aproveitamos o Día do Libro para ler uns contos súper chulis aos cativos/as de 5º EI. Como foi tan divertido decidimos volver para conmemorar o Día das Letras Galegas e contarlles outro conto, esta vez de María Victoria Moreno. Aquí podedes ver que ben o pasamos!

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro (23 de abril) ao longo desta semana estamos preparando unha actividade: Padriños lectores. Ao alumnado de 4º B tocoulles apadriñar a 5º de Educación Infantil. Xa nos presentamos aos nosos afillados e foi moi emocionante! Esperamos que disfruten moito o venres cos libros que eleximos para lerlles!

i

PLANETA LIMPO

O xoves 19 tivemos unha actividade no Centro moi interesante, PLANETA LIMPO. É UN  proxecto medioambiental promovido pola fundación Prosegur que ten como obxectivo contribuir, sensibilizar e concenciar aos rapaces sobre a conservación do medio ambiente, o impacto e unha correcta xestión dos residuos. Para iso utilizou a innovadora metodoloxía e materiais de LEGO EDUCATION.

DON BENTO, O PORCO FEDORENTO (Animación á lectura)

O alumnado de 4º B representou na biblioteca do Centro a obra "Don Bento, o porco Fedorento". Fixérono xenial! Ao rematar cantaron a canción "En la granja de Pepito" que animou ao público a participar e cantar todos xuntos. Parabéns!

 

Día da auga

Os día 21 e 22 de marzo celebramos a "Semana da auga" facendo un experimento por nivel para mostrar ao resto do colexio. En 4º fixemos un acuófono. En 4º A interpretaron unha peza musical (Ave María) e en 4º B demostráronnos como o son é diferente segundo a cantidade de auga que teñan as copas que utilizaron para o experimento.

 

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA

O alumnado de 4º A representou a obra "Besteira, a cebola falangueira", o mércores 14. A posta en escena foi espectacular, os actores amosaron un alto nivel, ... Aquí está o resultado!

 

VISITA CASTRO DE SARGADELOS

O xoves día 8 de marzo visitamos o Castro de Sargadelos. Primeiro estivéronnos explicando no salón de actos a historia e orixe da cerámica de Sargadelos. Logo visitamos o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside que se atopa no mesmo complexo. E, por último, fixemos un percorrido polo taller onde vimos todas as fases de elaboración da cerámica. Foi moi interesante!

Distribuir contido


by Dr. Radut