Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

 A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o vindeiro curso escolar. O prazo para presentar solicitudes (en horario de atención ao público) rematará o 23 de xuño.

Circular informativa resumida.

Información completa na páxina da Consellería.

Descargar instancia de solicitude.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017-2018: LISTAXE DEFINITIVA

Finalizado o prazo de reclamacións, esta é a listaxe definitiva de alumnado admitidoDita listaxe atópase exposta tamén nos taboleiros de anuncios do centro.

Contra esta resolución pódese presentar reclamación no prazo de UN MES diante da Xefatura Territorial a partir desta data. 

As persoas solicitantes deberán formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. No caso de non facelo, perderán o dereito á praza obtida.

Como documentación complementaria terán que traer a tarxeta sanitaria, o libro de vacinas e 4 fotos de carné.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017-2018: LISTAXE PROVISIONAL

A continuación dase publicidade á relación provisional de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso: 

Admitidos 4º de Educación Infantil

Admitidos 5º de Educación Infantil

Admitidos 1º de Educación Primaria

Contra esta publicación ábrese un prazo de posibles reclamacións de CINCO días hábiles, a contar a partires do 19 de abril, inclusive, a presentar na secretaría deste centro.

 

PLAN DE CONVIVENCIA

 

Comunicamos á comunidade educativa que onte foi aprobado en reunión ordinaria do Consello Escolar o noso novo Plan de Convivencia.

Completan o dito Plan os diferentes anexos publicados pola Consellería de Cultura e Educación:

- Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.

- Protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso.

- Protocolo de atención en urxencias sanitarias e atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica.

- Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero.

- Procedemento corrector das condutas contrarias á convivencia.

Agardamos que dito documento sirva para mellorar aínda máis a convivencia da nosa comunidade, resolvendo dúbidas e proporcionando instrumentos para a resolución dos posibles conflitos que poidan xurdir.

ENTROIDO MEDIEVAL 2017

Volvemos disfrazarnos polo Entroido!

Este ano o tema que escollemos foi A Idade Media. Así saímos pola rúa principal de Meicende.

Que lote de xente había mirando para nós!!

ADMISIÓN ALUMNADO 2017-2018

Do día 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de matrícula para presentar solicitudes de admisión en centros de ensino públicos e concertados. Como novidade, este ano poden facerse as solicitudes directamente sen ter que vir ao colexio, accedendo á aplicación admisionalumnado da Consellería.

Convén ter en conta as seguintes instruccións:

 - Dirección Xeral de Centros

  - Xefatura Territorial de Educación

A información resumida, ademáis de aquí, está exposta nos taboleiros de anuncios do centro.

 Nesta outra ligazón a Consellería irá actualizando a información relativa a este asunto.

Para solicitar praza haberá que cubrir o Anexo II

Por outra banda, comunícase que a xornada de portas abertas terá lugar o 6 de marzo, ás 6 da tarde, no Salón-Biblioteca do centro.

BARRIO MEDIEVAL

 

Este ano o tema do noso antroido vai ser "A época medieval". Estamos adornando o cole e está quedando moi bonito...

Mañá vai ser un día especial!!

 

DIA DA PAZ 2017

O día da Paz fixemos un "mannequin challenge"...

O importante é a intención!

OUTRO PROXECTO MÁIS: GEN10S

Seguimos ca estupenda e fenomenal colaboración con Axuda en Acción. Desta volta ca participación no proxecto GEN10S, no que o alumnado de 5º e 6º de primaria terá a oportunidade de introducirse no fabuloso mundo da programación e da robótica. Este ano non imos dar feito!

COMEZAMOS CON SMARTICK, UNHA FERRAMENTA MATEMÁTICA

Continuando cos proxectos que estamos a levar a cabo co patrocinio de Axuda en Acción, hoxe comezamos nas aulas de 4º, 5º e 6º de primaria a usar a aplicación SMARTICK, ca que este alumnado realizará exercicios de matemáticas, por un periodo curto que non excede os 15 minutos diarios.

Os creadores de SMARTICK prometen que o rendemento en dita materia mellora notoriamente ao cabo do tempo.

Estamos dispostos a comprobalo!

Distribuir contido


by Dr. Radut