Skip to Content

CONCERTO MAMÁ CABRA

 

O venres 13 de maio visitounos a grupo musical Mamá Cabra. Pasámolo moi ben: cantamos, bailamos,...

CONCERTO MAMÁ CABRA by Slidely Slideshow

 

 

O MAIO

 Todo o cole participou na elaboración do maio! Grazas a todos pola vosa colaboración!

 

 

Visita dos futuros alumnos/-as.

A semana pasada recibimos unha visita moi especial. 

 

Acudiron ao cole os futuros alumnos que veñen da Escola Infantil Galiña Azul.

 

 

Padriños (e Madriñas) lectores!

Hoxe pasámolo bomba! Tivemos unha actividade na que o alumnado de 4º, 5º e 6º exerceu de padriño (e madriña!) lectora, léndolle libros aos máis cativos. Aquí tedes a reportaxe:

Padriños Lectores by Slidely Slideshow

Admisión alumnado para o curso 2016-2017: PRAZO PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN

Por haber máis solicitudes presentadas que postos escolares ofertados, procederemos a comprobar o baremo de ditas solicitudes.

O prazo para a presentación da documentación complementaria finaliza o 12 de abril.

 

Admisión alumnado para o curso 2016-2017

Desde o día 1 ao 29 de marzo estará aberto o prazo de matrícula para presentar solicitudes de admisión en centros de ensino públicos e concertados. Nesta primeira fase presentarase a solicitude (Anexo II) acompañada polo DNI do alumnado ou copia do libro de familia.

Comunicamos tamén que a xornada de portas abertas terá lugar o 7 de marzo, ás 6 da tarde, no Salón-Biblioteca do centro.

Debaixo destas liñas está toda a información dispoñible:

Información resumida 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG).

Anexo II. Formularios de admisión e matrícula.

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Instrucións da Xefatura Territorial.

FELICES FESTAS!

Estas foron as postais elexidas de cada curso para a nosa felicitación de Nadal deste ano. Esperamos que vos gusten!

Que pasedes unhas felices festas e un feliz ano 2016!

 

Calendario 2016

Todos levaredes na carpeta o noso calendario 2016. Como xa sabedes como vai o do código QR vós o tendes moi doado. Xa sabedes dende o móbil ou tablet podedes escanear os códigos e a adiviñar cal é o voso mes. Todos os meses teñen un xogo tradicional interpretado por un aula do colexio. Así que a adiviñar onde estades...

SAMAÍN 2015

Un ano máis celebramos no cole a festa do Samaín, con exposición de cabazas e magosto incluído.

Nesta ocasión, a causa do mal tempo, non puidemos celebralo ao aire libre, e houbo que facelo no pavillón. Ainda así, pasámolo moi ben.

Velaquí a reportaxe fotográfica!

 

 

AXUDAS PARA MATERIAL DE PRIMARIA

ACTUALIZACIÓN DO 23 DE SETEMBRO

Xa están dispoñibles todos os vales de axuda presentados validados por Facenda. Para a súa retirada hai que asinar un recibín ou autorizar a unha persoa adulta por escrito. O prazo remata o día 30 de setembro.

-------------------------------------------------------------------------

Convocadas axudas para a adquisición de material escolar para alumnado de primaria.

REQUISITOS:

a) Ser pai, nai, titor ou titora do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Tedes toda a información neste enderezo.

Debido á carga de traballo extraordinaria nestes días e por estar de baixa o secretario, atenderémosvos para este particular en horario de 9:00 a 10:00 horas e de 13:00 a 14:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut