Skip to Content

Animación á Lectura na Biblioteca da localidade.

 

Hoxe tivemos unha actividade das que nós chamamos "Especiais".

Marchamos á biblioteca de Meicende e despois de repasar o funcionamento dunha biblioteca, convidáronnos  a dar unha voltiña polo mundo.

 

Nesta ocasión a actividade levaba por título "Trotacontos: A volta ao mundo en 80 minutos".

En equipos, tivemos que resolver numerosas probas para coñecer un pouco máis sobre países como Hawai, Estados Unidos, Perú, Xapón,...

 

Ao rematar fixemos unha posta en común coas monitoras. 

 

 Cos libros podemos facer unha verdaira viaxe, coñecer distintos lugares e culturas e, convertirnos en verdadeiros Trotamundos.

 

                  

 

A verdade é que nos gustou moito a experiencia. Repetiremos!!



blog | by Dr. Radut