PLANTAMOS A NOSA SEMENTE (5º E.I. Promoción 21/24)
Boas familias,
Como xa sabedes, hai unhas semanas iniciamos a nosa plantación de sementes.
Con isto queríamos contribuír o horto do cole, embelecer os nosos patios e quen sabe si deixar unha pequena árbore para o futuro.
O primero que fixemos foi observar as distintas sementes: analizar o tamaño, a forma, a cor,...comparalas.
Despois coñecemos un poco máis os productos que íamos plantar: as súa características, usos, como escribir o seu nome,...
Aproveitando a semana da prensa empregamos periódicos para buscar as letras, traballando en equipo para completar a ficha.
Chegou o momento de plantar nos sementeiros e organizar os turnos de rego.
As sementes comenzaron a xerminar, pero pasados os días observamos que as do ourego non o conseguiron. Así que seguimos coidando as nosas leitugas e caléndulas.
Xa vedes que quédanos pouco para transplantalas o horto.
Como estábamos con esta plantación, a profe Maria recomendounos este conto. "El secreto"
Isto expertou a súa curiosidade e aproveitando que tíñamos mazás no cole, da merenda saudable, iniciamos o proceso para xerminar as sementes.
Observamos a mazá (forma, textura, peso, cor,...), observamos as sementes, falamos sobre distintos tipos de mazás, coñecemos a palabra e escribímola,...
Cada equipo partiu unha e extraeron as sementes, rexistraron nunha ficha cantas había en cada metade e cantas en total.
Visualizamos un vídeo onde explicaban como conservalas e así o fixemos. Nun recipiente con anaco de papel mollado. Cada equipo identificou o seu recipiente e metémolos na neveira do cole.
Por último entre todo o equipo comeron a súa mazá.
E temos boas novas, porque algunas xa comenzaron a xerminar!!
Así que atentos porque seguiremos informándovos.
Un saúdo.