Skip to Content

 

                           

EDLG 2019/20

Día da poesía

Este 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Unha iniciativa da UNESCO que cumpre 21 anos desde a súa proclamación no París de 1999, para impulsar e preservar o xénero lírico como unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación.

Por iso, para fomentalo queremos que entre todos  os que poidades fagades 4 versos sobre o que agora mesmo estamos vivindo, a nova forma de vida que estamos levando, como o estades afrontando vós e a vosas familias ou como estades facendo  para levar mellor esta situación.
 
Comentade aquí abaixo e poderedes ir lendo as composicións dos nosos compañeiros e compañeiras.
 
EDLG

Abecedario 8M

Lograr a igualdade de xénero nos diversos ámbitos é indispensable, con motivo disto os alumnos participaron na elaboración dun abecedario dedicado á loita da muller para celebrar o 8 de Marzo, o...

Día Internacional da Muller.   

Álbum: Día da muller 08.03.20 -> Abecedario 8M

Día Universal dos nenos e nenas

O obxectivo do Día Universal dos Nenos e Nenas é recordar aos cidadáns que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofren as crises e problemas do mundo.

 

 

 

Este día mundial recorda que todos os nenos teñen DEREITO a saúde, educación e protección, independentemente de onde naceron no mundo.

 

 

Dedicar un día internacional aos nenos tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o traballo das persoas que traballan cada día para que os nenos teñan un futuro mellor.

VÍDEO DO ALUMNADO DE INFANTIL. pincha

 

 

 

 

 

ALUMNADO DE 3º

 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Os 47 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 800 millóns de europeos e europeas a aprenderen máis linguas a calquera idade, dentro e fóra da escola. 

Convencido de que a diversidade lingüística é unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa. 

Celebremos a diversidade políglota

Celebra con nós o día Europeo das linguas!

Distribuir contido


by Dr. Radut