Nadal
CONTO DE NADAL 2019: O APALPADOR E OS SEUS AMIGOS
Enviado por Administrador o Ven, 17/01/2020 - 14:06Desexa un bo nadal en galego :)
Enviado por Administrador o Mér, 21/12/2016 - 11:13Aquí tedes unha mostra dos desexos que escribiron tódalas nenas e nenos do colexio.
O noso desexo: oxalá que se cumpran todos!
Felices festas!
Felices Festas
Enviado por Administrador o Mar, 15/12/2015 - 11:52
Nadal 2015
O alumnado de 3º de EP fixemos un video para felicitar o Nadal aos nosos amigos/as e compañeiros/as do Westpark Elementary School en Canadá.
Aquí volo deixamos e aproveitamos para desexarvos a todos/as un Bo Nadal.
Fabio, Raúl e Nico coa axuda da mestra Laura tamén nos felicitan o Nadal.
Felicitación de Nadal do alumnado de 6º.
E tamén do alumnado de 1º e 2º de EP.
CGENLD
Nadal
Enviado por Administrador o Ven, 20/12/2013 - 00:00Como outros anos, pretendemos que o último día de clase, antes das vacacións de nadal, sexa un día divertido, diferente e sorprendente. Como somos un cole moi moderno incluso falamos con Papá Noel a través dunha videoconferencia. Os máis pequechos puideron disfrutar dunha conversa con Papá Noel empregando o material informático preciso que nos proporcionaron dende o telecentro do noso concello... Aquí vos deixamos fotos da festa de infantil e de algún curso máis! nadal on PhotoPeach
A NOSA ACTUACIÓN NO FESTIVAL DE NADAL
Enviado por ma.begonagandara o Mér, 14/03/2012 - 12:41NO FESTIVAL DE NADAL BAILAMOS UNHA PEZA DE LEILÍA, "A MEDIA VOLTA"
SE QUEREDES VER O VIDEO PINCHADE SOBRE A FOTO.
MENUDOS BAILADORES E BAILADORAS!!
FESTIVAL DE NADAL 2011
Enviado por Administrador o Mar, 31/01/2012 - 13:16O 21 de decembro despedimos dende o cole o ano 2011 cun espectacular Festival de Nadal, celebrado na Casa da Cultura de Vimianzo.
Nel participamos tódolos alumnos e mestres do noso cole e acompañáronnos coa súa presenza e calorosos aplausos, pais, nais, familiares e amigos.
Lembremos pois este animado día, gozando das seguintes fotos.
Comezaron o festival @s cativ@s do cole, facendo unha viaxe polo mundo moi especial:
@s nen@s de 3 anos "A" leváronnos ata a afastada China cunha canción titulada “Ni wawa”.
@s nen@s de 3 anos “B” seguiron viaxando polo mundo para chegar ao Brasil e interpretarnos o “Samba lelé”.
@s nen@s de 4 anos, volveron a Galicia ( a morriña, xa se sabe), e bailaron con moito xeito a “Media Volta”.
Ata a outra cara da Terra foron @s cativ@s de 5 anos A, sorprendéndonos cunha danza aborixe australiana
@s raparig@s de 5 anos B, leváronnos a terra de orixe do homo sapiens, a África, co famoso Waka-waka
Despois desta viaxe polo mundo, chegaron os maiores do cole, o grupo de 6º A cun musical que nada lle envexaba aos de broadway, titulado “ A Pulga e o Piollo”.
Volvemos de novo aos pequenos do cole, pero desta vez, aos pequenos da Educación Primaria, aos nen@s do 1º curso A e B que se xuntaron para interpretarnos unha bonita canción de Papá Noel buscando a súa árbore de Nadal.
Continuando no mesmo ciclo, @s rapac@s de 2º A, representaron unha obra de teatro con música e poesía titulada “O nacemento de Xesús”, na que nos lembraron o porque da celebración do nadal.
Apareceron de novo os maiores do cole, pero nesta ocasión, os de 6º A co seu particular “CLUBE DO CHISTE”, facéndonos rir un anaquiño.
De novo apareceu o 1º ciclo, neste caso cos nen@s de 2º B convertidos en encantos travesos que andan as trasnadas, roubando os calzóns de Papá Noel.
E chegou o 2º ciclo cos nen@s de 3º A e 3º B que xuntaron as súas voces para interpretar unha canción moi propia do nadal, “Jingle Bells internacional”.
Continúa o ciclo co dúas espectaculares actuacións de baile dos 4º cursos. @s nen@s de 4º A co “Zumba zumba” e os de 4º B cunha danza escocesa.
Chegan por fin os case maiores do cole, @s rapazot@s de 5º A, cunha actuación de baile de creación propia e moi actual: “GOL”
Volven de novo os humoristas de 6º A co seu “Clube do chiste”
E cerran e despiden este festival, @s nen@s de 5º B cun baile moi marchoso sobre unha versión roqueira de Jingle Bells Rock
POSTAIS DE NADAL 2011
Enviado por Administrador o Lun, 19/12/2011 - 17:24Coma todos os anos xa temos aquí as postais que confeccionaron os alumnos para felicitar a todos este Nadal. Hai moitas, así que puxemos unha representación de cada ciclo. Agardamos que vos gusgten e BO NADAL PARATODOS!
FESTIVAL DE NADAL
Enviado por ma.begonagandara o Mér, 19/01/2011 - 13:41Os nenos e nenas da clase de 3 anos coas nosas mestras; Lucía, Raquel e Begoña, representamos o conto "RATO MOI ALTO E RATO MOI BAIXO".
Antía, Andrea e Kevin foron os Ratos Baixos.
Manu, Laura, Blas e Juan foron os Ratos Altos.
Xesús e Iago foron 2 paxariños e María, unha formiga.
Borja e Mario fixeron de flores e herbiñas.
Anxo foi a chuvia e Aroa unha poza.
Mateo foi o sol. Coa chuvia e o sol apareceu o arco da vella, que eran Ana e Sara.
Tania e Sheila ensaiaron con nós, pero ese día non puideron vir ao cole.
Esperamos que vos gustara o noso conto
BIQUIÑOS DE RATO!!