Saltar navegación.
Inicio

OBRADOIROS SOBRE NUTRICIÓN PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

O día 21 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou nun obradoiro para tratar a importancia de manter unha alimentación saudable. Este foi impartido pola nutricionista do centro de saúde de Vimianzo.

 

PADRIÑOS LECTORES

 

 

 

PADRIÑOS LECTORES: "O libro dos Porcos"

 

Esta semana os nosos padriños lectores, Saray e Román, prepararon " O libro dos Porcos" para os máis pequenos. Un contiño para reflexionar sobre o importante que é a colaboración para ter unha vida mellor!

8 DE MARZO: "AS MULLERES DA NOSA VIDA "

O alumnado de 3º de primaria conmemorou o 8 de marzo con entrevistas baixo o lema "As mulleres da nosa vida".

Aquí unha pequena mostra do resultado:

OBRADOIROS 8M: Día da Muller Traballadora

Con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, a axente de igualdade do Concello de Vimianzo, Xiomara Lazo, ofreceu para o alumnado de primaria obradoiros sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no Concello de Vimianzo.

 

 

 

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: COMO MOTIVAR AO ALUMNADO?

O  pasado mércores  1 de marzo  tivemos no centro un obradoiro para as familias sobre como motivar ao alumnado. Este realizouse da man da nosa compañeira Alba Vieites Lestón, autora do libro "Quiero ir al Cole: Herramientas y recursos para motivar al alumnado"- Saralejandría Ediciones.

Moitas grazas ás familias que asistiron e mostraron o seu interese por participar.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA PAARA O CURSO 2023/2024

Do 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2023/2024.

 

Horario de secretaría: De luns a venres, de 12:30h á 13:30h.

 

 

Poden consultar toda a documentación necesaria no seguinte arquivo adxunto.

 

 

 

SEMANA DA PRENSA

 

 

                

 

 

 

Distribuir contido