Saltar navegación.
Inicio

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Esta semana con motivo da conmemoración do Día do Libro levamos a cabo distintas actividades no centro. Os máis pequenos leron, a través de imaxes, contos para os seus compañeiros, visitáronnos as familias para facer lecturas nas distintas aulas e fixemos lecturas cruzadas entre o alumnado sobre " Don Quijote de la Mancha".

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

Publicadas listaxes provisionais do alumnado para o que presentaron solicitude de admisión para o curso 2023/2024.

Todo o alumnado solicitante, obtivo praza neste centro para o vindeiro curso.

Poden consultar as listaxes provisionais, no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.

O próximo día 16 de maio, publicaranse as listaxes definitivas.

Os interesados deberán formalizar a matrícula, do 20 ao 30 de xuño, data na que estará aberto o prazo de FORMALIZACIÓN.

                                                   

ANIMACIÓN Á LECTURA: VISITA DE ÉRICA ESMORÍS AUTORA DE "PATIO DE LUCES"

  

O día 20 de abril tivemos na biblioteca a visita de Érica Esmorís, autora da novela "Patio de Luces".

Deixámosvos aquí unha pequena mostra en imaxes.

 

 

 

ARTE CON LUZ NEGRA

O alumnado de 4º de Educación Infantil gozou participando no seu taller de arte con luz negra.

Que ben o pasaron!!

  

PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

HORTA DE 4º DE PRIMARIA

A hortiña do alumnado de 4º vai medrando con moita forza.

Que marabilla!

VISITA DE MAMÁS EN 4º DE PRIMARIA

No día de hoxe,algunhas mamás de 4º B viñeron a clase a contarnos de que traballaban. Aprendemos moitísimo sobre a xestión de comedores, sobre o coidado de persoas e sobre os laboratorios nos que analizan as nosas analíticas. 

É un placer contar con familias tan implicadas!!

OBRADOIROS SOBRE NUTRICIÓN PARA 4º DE PRIMARIA

O día 28 de marzo, o alumnado de 4º de primaria, participou no obradoiro impartido pola nutricionista do centro de saúde de Vimianzo sobre a importancia de manter unha alimentación saudable.

OBRADOIRO "A XERACIÓN DA IGUALDADE"- Asociación Visibles

Esta semana levamos a cabo obradoiros para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Olalla Trigo, coordinadora e tallerista do programa "A Xeración da Igualdade" da Asociación Visibles.  O obradoiro-contacontos "A Comunidade Vagalume" gustoulle moito aos nosos pequechos e pequechas.

PADRIÑOS LECTORES

 

Distribuir contido