Saltar navegación.
Inicio

PUBLICADA LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Publicadas Listaxes Definitivas do Fondo Solidario de Libros de Texto e Material Escolar.

Poden consultar na aplicación fondolibros ou no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.

Así mesmo, poden recoller os vales de libros de texto e/ou material escolar os días 8 e 9 de xullo ou

a partir do 4 de setembro de 2024.

Atentamente,

A secretaría do centro

SOLICITUDES PARA COMEDOR CURSO 2024-2025

Estimadas familias:

Seguindo as Instrucións 1/2024 regulan o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar 2024/2025, todos os/as alumnos/as do centro, incluídos os de transporte escolar, que desexen facer uso do servizo de comedor escolar, deberán solicitar praza de comedor dende o 19 de xuño ao 8 de xullo de 2024.

A continuación deixámoslle acceso á circular coas instruccións necesarias para realizar a solicitude, así como o acceso a Autodeclaración Responsable e á Solicitude de colaboración no comedor:

PRAZO: As solicitudes recolleranse no centro ata o día 8 de xullo de 2024.

Un saúdo

A dirección

FESTIVAL FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS

Hoxe celebramos, na Casa de Cultura de Vimianzo, o festival de fin de curso 2024/25 e as graduacións de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria. Desexámoslles moita sorte a todos/as na nova etapa que comezan!!

Prema nas imaxes para ver os vídeos

    

  

 

       

VISITAMOS O CONCELLO DE VIMIANZO

O pasado mércores, a alcaldesa Mónica Rodríguez, recibíu no Concello ao alumnado de Educación Infantil. Os nosos pequenos fixeron as súas peticións para o centro e puideron coñecer o funcionamento da Administración con esta actividade:

 

SAÍDA AOS BATÁNS DO MOSQUETÍN CO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil gozou dunha saída para visitar os Batáns do Mosquetín. Grazas ás explicacións de Mariví, técnica do Concello de Vimianzo, puideron entender como funcionaban. No seguinte vídeo podedes ver en imaxes o ben que o pasamos!

LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2024-2025

 Premendo no seguinte enlace pode acceder ao listado de libros para o vindeiro curso 2024-2025:

 

*RECOMENDAMOS NON MERCALOS ATA TER A TITORIA INICIAL EN SETEMBRO.

 

 

 

 

PROXECTO EMPODÉRATE

Memoria das actividades realizadas polo alumnado para o Plan Proxecta + Donas de Sí a través do proxecto "Empodérate" :

ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA: TALLERES POLO DÍA DO LEITE

O alumnado de 4º acode a Baio para conmemorar o día do leite a través de diversos talleres e experiencias:

Distribuir contido