Skip to Content

Titoriais

Salón do libro 2023

O pasado luns tivemos a sorte de voltar visitar O Salón do Libro en Pontevedra, onde fixemos distintas actividades e percorrimos as exposicións, onde pudemos atopar o noso propio traballo.

E, coma sempre, foi un gran pracer, saudar ao noso amigo Orbil!

Álbum: Curso 22-23 -> Salón do libro 23

SEMANA DO LIBRO 2023

Este ano celebramos de novo a Semana do Libro tal e como se merece. 

Fixemos unha chea de actividades partindo do equipo de biblioteca, para animar á lectura e dar á literatura infantil e xuvenil a importancia que se merece. 

Foi unha semana fantástica coa implicación de todo o alumnado e profesorado, onde non faltaron contacontos (a cargo de Tarabelos e Polo Correo do Vento), o tradicional mercadillo de libros usados, xogos de pregunta, a visita da autora Anair Rodríguez, deseño de colgadores, creación dun novo final para os contos tradicionais, e como non, a marabillosa actividade do "Apadrinamento Lector".

Podedes ver unha mostra de todo o que fixemos no seguinte vídeo:

 

 

Titoriais

Aquí podedes consultar dous titoriais sobre como acceder á aula virtual e como subir unha tarefa do alumnado.

Manuais de uso de educación a distancia

Para acceder aos manuais de uso de educación a distancia, AbalarMóbil, Webex, Falemos, E-Dixgal, Aula virtual pincha aquí

A educación a distancia

Escaneade este código co voso móbil para acceder a información, vídeos e titoriais da aula virtual do CFR de Pontevedra.

Distribuir contido


by Dr. Radut