Skip to Content

OBRADOIRO DO NADAL 2023

Aquí unha mostra da creatividade navideña da nosa rapazada. Foron uns obradoiros moi entretidos dos que aprendemos da man dalgunhas familias que colaaboraron con alegría.

Álbum: Curso 23-24 -> Obradoiros do Nadal

XORNADA INTERCENTROS 4

O mércores 13 de decembro recibimos ao alumnado de 5º de primaria do ceip Isidora Riestra de Poio para participar co alumnado do noso centro nunca Xornada de convivencia deportiva más modalidades de deportes alternativos e Carreira de orientación.
Todos se esforzaron moito e o pasaron moi ben.
Ata a próxima.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros 4

FELICES FESTAS

Queridas familias:

Xa rematado o primeiro trimestre, queremos desexarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO 2024! E, que mellor forma, que facelo coa postal gañadora no reto mensual de Larapeto. Noraboa Roque! 

FELICES FESTAS! Vémonos á volta!

ESTATUTO DE AUTONOMÍA

As nenas e nenos do cole aprenderon máis cousas sobre a nosa terra e o que significa o Estatuto de Autonomía. 

"SAÍMOS A COLLER COGOMELOS"

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria sairon a regoller cogomelos pola nosa contorna coa Asociación Micolóxica Brincabois. Mirade cantas clases de cogomelos descubriron!

Álbum: Curso 23-24 -> "Saímos a coller cogomelos"

SAÍDA Ó TEATRO PRINCIPAL.

Os nenos e nenas de 1º a 4º de primaria disfrutaron dunha saída ao teatro principal. 

Álbum: Curso 23-24 -> Teatro "Non nos moverán!"

3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O luns 4 de decembro, conmemorábamos no cole o "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" (o cal foi o pasado 3 de decembro). Este curso, xa que andamos inmeross no noso proxecto "Olímpicos de Xeve", decidimos traballar este día dunha forma diferente. Cada aula indagou sobre un ou unha deportista paralímpic@ galeg@ e preparou un mural e unha exposición. Desta forma, onte, reuníamonos tod@s no salón de usos múltiples para celebralo xunt@s. Os seus traballiños xa están expostos na biblioteca.

Aquí tedes o resultado da súa exposición... Fixérono xenial!

 

 

25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro "conmemorábamos" no cole o "Día contra a violencia de xénero". Para iso, creamos unha instalación artística titulada "ROMPENDO ETIQUETAS", na que cada aula traballou unha etiqueta convencionalmente adquirida de forma errónea ao longo dos anos... Así, a través da fotografía, representamos este acto en repulsa da violencia de xénero e loitando pola igualdade e polos mesmos dereitos!

Esta instalación está na entrada do cole. Estades convidad@s a visitala!

Álbum: Curso 23-24 -> 25 N

CONVIVENCIA XOGADE

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria disfrutaron dunha xornada de convivencia cos compañeiros de Son José.

Distribuir contido


by Dr. Radut