De acordo cos estatutos da Asociación, o mandato da Xunta Directiva dura dous anos, polo tanto, procedemos a convocar de novo eleccións, que terán lugar na Asemblea Xeral Extraordinaria de fin e curso.
Estas son as datas para o proceso:
● Presentación de candidaturas: do 03 ao 28 de maio de 2024, ata as 23:59 horas. As candidaturas enviaranse por e-mail á dirección anpa.stoandredexeve@nontedurmas.org co asunto “Candidatura Xunta Directiva ANPA”. Deberán incluír os nomes e apelidos das persoas candidatas e o seu NIF, e o apelido dos seus fillos para que podamos consultar con facilidade na nosa base de datos se esas persoas son socias da ANPA.
● Publicación das listas de candidatas/os: o 30 de maio de 2024, na web do CEIP Santo André de Xeve, por ABALAR e por whatsapp a través do canle de comunicación da ANPA.
● Reclamacións ás listas: do 31 de maio ao 3 de xuño de 2024, enviando correo electrónico á dirección de e-mail da ANPA, ata as 23:59 horas.
● Celebración de eleccións e reconto de votos: o 07 de xuño de 2024 na Asemblea Xeral Extraordinaria, cuxa convocatoria se enviará proximamente por ABALAR e por whatsapp a través do canle de comunicación da ANPA.
● Publicación de resultados: o 10 de xuño de 2024 na web do CEIP Santo André de Xeve, por ABALAR e por whatsapp a través do canle de comunicación da ANPA, .