Skip to Content

Novas

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. XORNADA ÚNICA

Como sabedes, o pasado martes 28 de xaneiro fostes convocados a unha reunión informativa para dar a coñecer o proxecto de xornada única proposto polo centro. Sendo conscientes de que, aínda habendo gran asistencia, moitos de vós non puidestes asistir, aquí tedes un resumo do que se falou en dita reunión.

En liñas xerais, ademais do que contén este documento, dicir que o punto básico da proposta  é manter o que xa temos, como o horario das 16:00 para a saída de buses e que á marxe disto, se introducen opcións que non temos agora mesmo e poden ser ventaxosas para parte importante das familias:

  • Posibilidade de que os nenos e nenas vaian a actividades culturais na zona que por agora non son viables por ter que voltar para comer ás 13:00h
  • Tres posibilidades máis nos horario de saída que agora mesmo non temos.
  • A posibilidade de actividades gratuítas no centro 3 días á semana de 16:00 a 17:00

IMPORTANTE: Tal e como se explicou e se indica na información exposta aquí, o resultado da vosa votación será sobre o total de censo,non por maioría, o que supón que as familias que non voten estarán dando un voto negativo.

A NORMATIVA CORRESPONDENTE A ESTE PROCESO ESTÁ RECOLLIDA NA ORDEN de 29 de maio do 2008  (DOG do 6 de xuño do 2008)

 

FEBREIRO

MENÚ XANEIRO

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

Estas son as N.O.F. (Normas de Organización e Funcionamento) do noso centro. Nelas recóllense diversos aspectos sobre a organización de todas as actividades e uso de espazos nos que se desenvolven as mesmas durante toda a xornada escolar, así como aquelas normas relativas á convivencia, as conductas contrarias á mesma e as actuacións correspondentes.

 

COMEDOR ESCOLAR. MENÚS 1º TRIMESTRE

Estes son os menús para o 1º trimestre.

Foron elaborados por unha nutricionista tendo en conta as indicacións e menús en uso; foron revisados e consensuados entre ela,o persoal de cociña e o equipo directivo e finalmente aprobados polo Consello Escolar.

Neles predomina a variedade, o equilibrio e a proporcionalidade de carnes e peixe, así como  legumbres e verduras frescas variadas, tal e como se espera dunha dieta sá e equilibrada.

-SETEMBRO.

-OUTUBRO.

-NOVEMBRO.

-DECEMBRO.

Novos proxectos

O centro foi admitido nas tres  modalidades no Plan Proxecta de Innovación Educativa solicitadas para o presente curso: MeteoEscolas, Nós tamén creamos e o Proxecto didáctico Antón Fraguas.

Nalgún deste proxectos, como MeteoEscolas, é o segundo ano de participación o que nos permite seguir afondando e aprendendo neste campo da ciencia. Os outros dous serán campos a descubrir: o mundo do cine e o patrimonio do noso entorno. Será toda unha experiencia e unha oportunidade máis de aprender.

Resolución:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resoluciondefinitivaadmitidosplanproxecta.pdf

 

MENÚ SEMANAL DO 18 ao 22 DE NOVEMBRO DE 2019

 

LUNS 18

1º Prato: Sopa de estreliñas

2º Prato:  Polo ao forno con patacas e hortalizas

Sobremesa: Iogur

MARTES 19

1º Prato: Sopa verduras

2º Prato: Ovos recheos

Sobremesa: Froita

MÉRCORES 20

1º Prato: Empanada de xamón e queixo

2º Prato: Paella

Sobremesa: Iogur

XOVES 21

1º Prato: Chícharos con xamón

2º Prato: Marmitako

Sobremesa: Macedonia

VENRES 22

1º Prato: Ensalada mixta

2º Prato: Costela asada con patacas fritas

Sobremesa: Natillas

 

 

 

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO PARA OS GRUPOS DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Aquelas familias que teñan concedido o préstamo de libros de texto para 3º ou 4º de Primaria,  poderán recollelos no centro nos días e horarios que figuran a continuación:

-Xoves ás 11:00h, nais ou pais de alumnado de .

-Venres ás 11:00h, nais ou pais de alumnado de .

Aqueles que non podan vir no día e hora marcados, deberán poñerse en contacto co centro en horario de mañá (de 10h a 13:30h)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut