Skip to Content

Novas

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. Curso 2023/24

Estimadas familias,

Hai uns días publicouse no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

INFORMACIÓN:

-Destinatarios: Alumnado que no curso 2023/2024 curse estudos en Ed. Primaria e ESO.

-Lugares de presentación:

-Plazo: do 20 de maio ao 21 de xuño.

-Documentación a presentar.

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES. ADMISIÓN 23-24

Seguindo o calendario organizado para o proceso de admisión, dende hoxe poderase consultar a listaxe definitiva de solicitudes admitidas para o curso 2023-2024 na cristalera da Secretaría do centro.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES. ADMISIÓN 23-24

Seguindo o calendario organizado para o proceso de admisión, dende mañá poderase consultar a listaxe provisional de solicitudes admitidas para o curso 2023-2024 na cristalera da Secretaría do centro.

Ábrese dende mañá, día 25 de abril,  un período de alegacións de cinco días hábiles, a presentar no propio centro.

ADMISIÓN CURSO 2023-2024

  • PRAZO: DO 1 AO 20 DE MARZO.
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

    • Impresos de solicitude debidamente cubertos (Anexo II)

    • Fotocopia do Libro de Familia

    • Certificado de empadroamento de toda a unidade familiar

    • Condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede

    • Xustificantes de concurrencia de discapacidade do alumno/a a  ou de titores/as ou irmáns do alumno/a, se procede.

    IMPORTANTE:

    • O solicitante só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (sexa público ou concertado), a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Na solicitude poderanse solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia.

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.

 

IMPORTANTE:

Lémbrase a todos os pais e nais, titores e titoras legais, que o plazo para a presentación de candidaturas para representantes deste sector, (así como do resto),  no Consello Escolar do centro, é do 9 ao 16 de novembro de 2022, mediante o formulario correspondente  a entregar na Secretaría e en horario de mañá.

INFORMACIÓN DO PROCESO DE ELECCIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-2023

 

Para ver a listaxe de libros de texto, prema AQUÍ.

 

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS NO COMEDOR ESCOLAR.

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DESTE CENTRO, COMO COLABORADORES E COLABORADORAS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIAÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.


As nais, os pais e os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro, que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar,poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro do 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nesta lista.

 

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Todas as familias que tedes solicitada plaza de comedor para este curso para os vosos fillos e fillas, deberedes presentar cuberto e debidamente asinado o Anexo II. Modelo de Autodeclaración e Especificacións 

Poderedes entregalo na Secretaría do centro ou ben entregarllo ao conserxe na entrada, dende mañá luns 4 de xullo ata o venres 15 de xullo. Ou ben dende o 1 ao 7 de setembro. O horario do centro nestes días será de 10:00h a 14:00h.

Tedes opción a solicitar o formulario no propio centro o descargalo AQUÍ,  

Tamén podedes consultar aquí as instrucións para o cálculo. 

DOCUMENTACIÓN PRECISA MATRÍCULA CURSO 2022/23

Documentación Matrícula Curso 2022-23

MENÚ COMEDOR ESCOLAR - MES DE XUÑO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut