Skip to Content

SELO DE VIDA SAUDABLE DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN E FP

O noso cole recibe o selo «Vida Saudable» concedido polo Ministerio de Educación (Secretaría de Estado de Educación e Fp)


Esta distinción é un apoio aos centros educativos que se distinguen por mellorar a educación en hábitos relacionados coa saúde.

O centro, a través da súa directora, Lucía Abad, cursou a solicitude.

O selo distingue a aqueles coles que cumpren algunhas das seguintes finalidades:


-Fomentar o rol da educación en hábitos saudables como unha parte integrante da educación integral, deseñando, a tales efectos, un programa de educación en hábitos saudables que comprenda a programación e establecemento de obxectivos educativos e dos instrumentos de avaliación.


-  Promover estilos e hábitos de vida saudables, a partir das necesidades específicas do alumnado do centro docente, e especialmente nos ámbitos da nutrición e alimentación saudables e do deporte contemplando o enfoque de xénero e a equidade para evitar desigualdades na saúde.


- Fortalecer e mellorar os comportamentos saudables do alumnado, con especial énfase na hixiene e a prevención.


- Afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social do alumnado.


- Fomentar no alumnado a adquisición de capacidades e competencias que lles permitan coidar o seu corpo tanto a nivel físico como mental, así como valorar e ter unha actuación crítica ante a información, publicidade e ante actitudes sociais que poidan repercutir negativamente no seu desenvolvemento físico, social e psicolóxico.


-Promover a comprensión e valoración da importancia de preservar o medio ambiente polas repercusións que o mesmo ten sobre a saúde das persoas.


- Fomentar a responsabilidade do alumnado nas decisións diarias do mesmo, e o coñecemento das consecuencias que as mesmas teñen na súa saúde e na contorna que lles rodea.

- Promover a formación continua do persoal docente que preste os seus servizos no centro, en materia de educación en hábitos saudables e en especial sobre alimentación saudable e práctica de actividade física.


Ligazón á Resolución do 26 de xuño de 2023, da Secretaría de Estado de Educación (BOE do 29) https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-15209

 



 

story | by Dr. Radut