O C.E.I.P Santa María Do Castro é un centro público situado en Cabo de Cruz, no concello coruñés de Boiro, na zona coñecida como O Valiño. O seu asentamento privilexiado entre as montañas da Serra do Barbanza e a Ría de Arousa concede ao centro grandes posibilidades de interacción co medio natural e, ó mesmo tempo, permítelle contar con elementos da contorna ós que se accede confacilidade.
A construcción do centro, que data do 1983, mantén un bo estado de conservación e consta dun edificio con 16 aulas, Aula de Música, Aula de Idiomas, Biblioteca, Ludoteca, Laboratorio, Aula de Plástica, Aula de Pedgoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe e Aula do Departamento de Orientación.
Por outra banda, no recinto escolar hai outro edificio con tres aulas de Educación Infantil, tres pistas deportivas, unha área adicada a hortos escolares e invernadoiro. Hai tamén unha casiña de 25 metros cadrados, totalmente equipada e destinada a actividades diversas para Educación Infantil e Primaria.
Ó longo do curso celébranse no colexio diferentes tipos de festas nas que se trata de potenciar as tradicións e costumes populares da nosa terra (Magosto, Samaín, Antroido, Letras Galegas, Día do libro...)