Actividades

SAMAGOSTEEN 2016

Enviado por Anónimo o Xov, 03/02/2017 - 17:06

Celebramos de forma conxunta as festas tradicionais do outono, agrupándoas baixo o epígrafe xeral de Samagosteen. Este equipo colaborou na programación de actividades e no aporte de material e documentación para o coñecemento e profundización destas festas populares.

Incluíronse nesta celebración lecturas propias da época, ademais dunha xornada de xogos populares.

 

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2016-2017

Enviado por Anónimo o Xov, 03/02/2017 - 16:58

O EDNL do noso colexio para o presente curso está formado por:

Montserrat Alén Álvarez, representante de E. Infantil

María Sara Ferreiro Franco, representante de 2º curso

Ana María García Fernández, representante de 3º curso

Belén Méndez Rodríguez, representante de 6º curso

Mª Nieves Cabaleiro Pellón, mestra de PT e coordinadora do Equipo

Mª Teba López-Leitón Zapico, mestra de Lingua Estranxeira (Inglés)

 

Para ver as actividades realizadas en cursos anteriores, deberase ir ao apartado de Celebracións e conmemoracións.

TIPOLOXÍA DE LETRAS GALEGAS

Enviado por Anónimo o Mér, 03/23/2011 - 17:45

Desde fai anos, a Real Academia Galega recomendou que, en determinados traballos escritos, se empregara un tipo especial de letra á cal denominou Gallaecia.

Para poder usala, podes vela e descargala neste enlace.

AS FRAGAS

Enviado por Anónimo o Mér, 03/16/2011 - 18:22

Traballo elaborado polo EDLG sobre AS FRAGAS, para consulta do alumnado e do profesorado. Para velo, preme aquí.

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Enviado por Anónimo o Mér, 02/23/2011 - 17:43

Impulsado pola UNESCO, cada 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna.

Con diversos actos inténtase poñer en valor estas linguas, especialmente as minoritarias.

Para ter máis información, podes consultar este enlace.

 http://www.xunta.es/linguagalega/dia_internacional_da_lingua_materna_2011

 

Distribuir contido