No DOG do día 19 de maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.
PRAZOS:
- Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.
DESTINATARIAS/OS:
-
Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.
-
Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
-
Anexos I e II (impreso coa solicitude e a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
-
Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
* Os membros computables que se opoñan a consulta dos datos solicitados, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os documentos xustificativos pertinentes.