DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro é o Día Internacional da Paz e Non Violencia Escolar. Celebramos este día dando ambiente ao colexio con murais, árbores da paz, pombas, cancións, mans brancas...


Tamén celebramos este día cunha Carreira solidaria, colaborando así con Save the Children, unha ONG que axuda aos nenos da República Democrática do Congo.


Nesta carreira recadáronse en torno a 1300 euros, aportados polos patrocinadores que tiveron os nenos/as (familiares, amigos).Esta cantidade foi entregada nun acto simbólico á directora da surcursal do Banco Santander de As Pontes, para posteriormente enviala a Save the Children.


A comunidade educativa do CEIP Santa María agradece a colaboración de pais, nais e demais patrocinadores que fixeron posible que esta carreira resultase unha actividade moi solidaria e á vez de gran valor para celebrar o Día da Paz.


Para ver outras imaxes deste día, preme aquí.


NADAL


O Nadal forma parte das nosas tradicións. Como todos os anos, esta celebración reflectiuse en distintas actividades que levamos a cabo no noso colexio, das cales podes ver algunhas instantáneas se premes aquí.

BO NADAL!

Sorry, flash is not available.

SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME

O martes, 14 de xuño, todos os alumnos de primaria, acompañados polos seus mestres, achegáronse ata o concello da Capela.


As actividades comezaron cunha visita guiada ao Museo Etnográfico, para posteriormente baixar ao mosteiro de Caaveiro adentrándose nas fragas pola ruta do Pazo.


Despois de repoñer forzas, o regreso acometeuse pola ruta da Ventureira, podendo desfrutar dos magníficos exemplares de especies arbóreas que alí hai.


Algunhas imaxes desta saída están aquí.


ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

En xaneiro de 2010 a ONU declarou o 2011 como o Ano Internacional das Florestas. O Concello convidou a responsables da Asociación Forestal de Galicia para que presentasen aos alumnos proxectos de conservación e aproveitameinto sustentable dos bosques.


Ao noso colexio achegouse Enrique García Martínez, enxeñeiro de montes e erudito no tema, que aportou aos alumnos moitos coñecementos, moi ben explicados e adaptados á súa idade.



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 



 


Este ano a RAG elixiu ao poeta monfortino Lois Pereiro para homenaxealo a el e ás letras galegas.


No colexio estudamos a súa obra e tamén fixemos un festival para ensalzar a cultura galega.


Se queres ver algunhas imaxes deste día, preme

aquí.

EASTER

Na clase de inglés tamén celebramos a Pascua (Easter).

Fixemos "cards", e aquí amosámosvos algunhas.

DÍA DO LIBRO


 


O 15 de abril celebramos no colexio o Día do Libro.


Empezamos cunha lectura continuada de El Quijote; despois, todos os alumnos asinamos no libro de firmas.


Outras actividades que fixemos para conmemorar esta data foron murais e marcapáxinas alusivos ao tema. Os nenos de infantil e primeiro ciclo  elaboraron un libro versionado de A ratiña presumida. Un alumno de 6º presentounos o libro titulado Contos das Pontes 2, no que el participa cun relato breve.


Rematamos con diversas representacións teatralizadas e coa lectura de poesías que algúns alumnos escribiron con motivo deste día.


Aquí tedes algunhas fotos.

Viaxe a Manzaneda

Este ano voltamos de novo a Cabeza de Manzaneda dentro do programa  "Coñece Manzaneda Verde 2011".


Montamos a cabalo, en karts, escalada, orientación, sendeirismo, tiro con arco, béisbol, piscina, subimos a desfrutar coa neve. Foron unhas xornadas para concienciarnos e aprender a valorar a natureza. Tamén tivemos tempo para desfrutar cos compañeiros facendo xogos e na disco.


Se queres ver algún destes momentos preme aquí.


 

Libre interpretación dun cadro de Van Gogh

Distribuir contido