CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos no Santa María o Día das Letras galegas cun festival que esperamos que vos guste. Aquí tedes o programa. Esperamósvos a partir das dez e media no cine Alovi.

 

Enlaces para traballar a homenaxeada Mª Victoria Moreno

00/00/
Array

Se pinchas aquí atoparás unha morea de actividades para traballar!

E se queres coñecer máis sobre Mª Victoria Moreno fai click aquí.

Ademais é moi interesante o seguinte enlace para mestras, mestres e familias.

 

VISITA DE IAGO LÓPEZ

Iago López, autor de O cociñeiro Martiño, visitou o noso cole o pasado 2 de febreiro. Os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria desfrutaron desta divertida actividade.

 

 

 

 

ENTROIDO 2017

O pasado 24 de febreiro celebramos o Entroido no noso cole. Este ano, seguindo a temática do Proxecto da Biblioteca, A VOLTA AO MUNDO CON LILI, disfrazámonos de Faraóns, aproveitando que LILI estaba rematando a súa estancia en Exipto. Se queres ver fotos do noso Entroido, preme na imaxe.

 

 

 

DÍA DA PAZ 2017

O pasado 30 de xaneiro celebramos o DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. A actividade central desta conmemoración tivo lugar no patio do cole. Coa axuda de todo o alumnado formamos a palabra PAZ. Cando xa estivemos todos colocados, bailamos e cantamos a canción "El mismo sol". Para rematar, cantamos cancións en inglés e recitamos poemas relacionados coa PAZ. Preme na imaxe para ver más fotos.

 

FROITA NA ESCOLA

O noso centro participa no PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA. A semana do 16 ao 20 de xaneiro durante o recreo o noso alumnado tomará froita como parva.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2016/17

CHORIMA 9

Xa podedes ver o último número da nosa Revista Escolar.

Guardar

LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María, poeta con moita obra adaptada a nós, os nenos.

Cantamos e recitamos os seus poemas; fíxemos un festival na súa homenaxe e tamén visitamos a súa casa natal en Outeiro de Rei, vila que inspirou moita da súa obra.

Tedes aquí algúns deses momentos.

Distribuir contido