REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º EI (3 ANOS)
Enviado por Anónimo o Xov, 09/06/2018 - 13:50O luns 10 de setembro ás 11. 00 horas terá lugar, na Biblioteca do centro, a reunión de inicio de curso coas familias do alumnado de 4º EI (3 anos). O titor informará dos aspectos e cuestións máis relevantes neste comezo de curso e resolverá calquera dúbida que teñades.
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018/2019
Enviado por Anónimo o Dom, 06/24/2018 - 21:30Preme na imaxe para poder ver a listaxe de libros de texto e material escolar para o curso 2018/2019.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019
Enviado por Anónimo o Mar, 05/22/2018 - 07:58No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.
O PRAZO ESTÁ ABERTO DO 22 DE MAIO AO 22 DE XUÑO.
Preme na imaxe para obter máis información.
Para acceder a aplicación fondolibros segue este enlace.
No arquivo adxunto podes consultar a listaxe coa documentación a presentar.
XVIII REBUMBIO MATEMÁTICO
Enviado por Anónimo o Xov, 05/03/2018 - 16:06
O pasado 27 de abril, tres dos nosos alumnos de sexto, Xosé Castro, Eliot Meizoso e María Permuy, participaron na XVIII edición do Rebumbio Matemático.
Esta actividade está organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). Trátase dunha actividade que quere fomentar o espírito cooperativo e o traballo en equipo. Os alumnos tiveron que resolver seis problemas de forma conxunta. Na súa realización alternáronse actividades de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento.
Na valoración dos traballos terase en conta o método empregado, a súa orixinalidade, os procesos de representación e a expresión escrita. O próximo 4 de maio coñeceremos a relación de equipos clasificados para a fase final.
ENTREVISTA DAVID ROCHELA
Enviado por Anónimo o Lun, 04/09/2018 - 15:47Aquí tedes o video coa entrevista que os alumnos de cuarto realizaron a David Rochela.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2018/2019
Enviado por Anónimo o Mér, 04/04/2018 - 07:44No seguinte enlace pódese consultar a listaxe provisional de admitidos para o curso 2018/2019. O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019
Enviado por Anónimo o Mar, 02/27/2018 - 09:40CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS 2º TRIMESTRE
Enviado por Anónimo o Xov, 02/15/2018 - 19:13SAÍDAS 1º TRIMESTRE
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/10/2018 - 21:16- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »