ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
Enviado por Anónimo o Lun, 05/09/2022 - 11:45Informamos que a listaxe definitiva de alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/2023 está publicada no taboleiro do centro.
Recordamos que tamén se pode consultar a través da aplicación admisiónalumnado.
Recordamos que todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
Admisión alumnado para o curso 2022/2023
Enviado por Anónimo o Xov, 04/07/2022 - 07:27Informamos que a listaxe provisional de alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/2023 está publicada no taboleiro do centro.
Recordamos que tamén se pode consultar a través da aplicación admisiónalumnado.
Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
O CEIP Plurilingüe Santa María
Enviado por Anónimo o Lun, 03/14/2022 - 08:26Con agarimo e ilusión facémosvos chegar este vídeo promocional elaborado pola ANPA, para que coñezades mellor o noso cole.
Carnaval 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 03/03/2022 - 09:20ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022-2023
Enviado por Anónimo o Lun, 02/28/2022 - 13:24O prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2022-2023 irá desde o 1 ao 21 de marzo de 2022.
As solicitudes serán presentadas:
- Presencialmente, no centro educativo. (Pode vir o impreso cuberto a ordenador ou a man)
- De xeito telemático a través da aplicación "admisiónalumnado" e logo presentáda na Sede electrónica (para esta opción é preciso ter activa a chave 365 ou certificado dixital).
No centro podemos entregar o impreso e toda a información que necesitedes sobre o proceso. En caso de dúbida contactade co centro.
As solicitudes deberán vir acompañadas:
- Do DNI de cada proxenitor/a.
- Libro de Familia ou documento acreditativo da idade do alumnado (para 4º de Educación Infantil).
No caso de divorcio ou separación, as solicitudes deberán vir asinadas polos dous proxenitores, agás que a patria potestade a posúa solo un deles. Nestes casos serán necesario presentar a correspondente resolución xudicial para o seu cotexo polo centro.
Para cubrir a solicitude pódese acceder a aplicación, pinchando en "admisiónalumnado" e no menú lateral pinchando en: solicitudes > admisión> crear. Despois cúbrense os datos e ese documento xerado pode presentarse no centro educativo ou a través da sede electrónica (para este última opción é preciso ter activa chave 365).
Tamén se pode acceder aos formularos pinchando nas seguintes opcións:
Pode consultar as prazas vacantes pinchando aquí.
Toda a información relativa ao procedemento pode consultarse pinchando aquí.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/26/2022 - 11:08
Deixamos aquí unha presentación virtual do noso centro para os que non poidan vir á xornada presencial.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/26/2022 - 10:36O próximo 7 de marzo ás 17:00 teremos unha xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer o colexio. Para acudir é necesario solicitar cita previa a través do correo electrónico ou do teléfono do centro.
ACTUALIZACIÓN NORMAS COVID
Enviado por Anónimo o Mér, 01/19/2022 - 20:17Para poder consultar a nova información sobre as normas COVID-19, podes pinchar en calquera dos seguintes documentos:
RESERVA DE PRAZA PARA O IES
Enviado por Anónimo o Mér, 01/12/2022 - 08:47Bo día, familias:
O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2022/2023 desexe cursar 1º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro cubrindo o anexo I e entregándoo na secretaría do noso centro ou a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action?OWASP_CSRFTOKEN=S0RC-EJHE-J2OE-T58A-V9B2-KX2E-YHU5-H0OS
No menú lateral Solicitudes>Reserva>Crear
Un saúdo
Para descargar o Anexo I preme se desexas en Galego ou Castelán
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »