DÍA DA PAZ


 


O 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.


Pretendendo que o noso centro sexa un instrumento de paz e entendemento entre persoas de distinta raza, formación, cultura ou relixión, fixemos diversas actividades. Tamén nos vestimos de pombas para darlle unha aperta simbólica ao colexio.


Se premedes aquí, poderedes ver algúns destes momentos.


 

NADAL

Preme aquí se queres ver algunhas imaxes destas datas. 

 

Día do peón

Como di o refraneiro "Polo San Martiño, peóns ao camiño".


 Pois no colexio Santa María quixemos facer bo o dito e celebramos o día (11 de novembro) bailando os nosos peóns  con bastante arte como se pode ver nestas imaxes.



MAGOSTO

O día 12 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Fixemos diversos traballos nas clases e unha "olimpiada castañeira" na que xogaron todos os rapaces. Practicáronse xogos, traballouse a expresión artística, as capacidades motrices e as habilidades e destrezas.


Rematamos cun xantar na clase no que non faltaron os batidos e as castañas asadas que nos trouxeron os pais e nais  da ANPA do centro,así como diversas lambetadas que cada rapaz trouxo da súa casa e que compartimos todos.


Aquí podedes ver algunhas fotos desta celebración.


 

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

A celebración do Día da Biblioteca ten a finalidade de poñer en valor este importante instrumento educativo no seo das comunidades escolares.

No noso centro fixemos diversas actividades para conmemorar este día:

1. Pegada de carteis.

2. Cada neno recomenda un libro.

3. Flores con lema para decorar a biblioteca.

4. Mochilas  Viaxeiras.

Se queres ver outras instantáneas, preme aquí.

VISITA DIDÁCTICA A SANTIAGO

O día 9 de novembro os alumnos de 5º e 6º de primaria, acompañados polas súas titoras, achegáronse á cidade de Santiago para visitar unha exposición que, ata o momento, só fora mostrada no Xapón. Patrocinada pola Fundación Caixanova, chegou a Colección Zanchi: Mestres da Arte. Diversas obras de autores como Durero, Tizziano, Tintoretto, Miguel Ángel, Murillo ou Ribera, foron explicadas aos nenos nunha visita guiada que suscitou neles grande interese e atención.


No mesmo recinto, e con explicación da mesma guía, puideron desfrutar doutra exposición: El Pórtico de la Gloria. Misterio y sentido.


Tamén se aproveitou a viaxe para facer a visita á Catedral e os seus museos e á igrexa de Santo Domingo de Bonaval onde estaban expostos 35 árbores de aceiro inoxidable, obras do autor Xurxo Oro Claro. Pulsa aquí para ver máis fotos.


FUNGOS E COGOMELOS 2010

Este ano, os alumnos do noso colexio tamén nos esforzamos moito para preparar os traballos que presentamos ao concurso convocado polo Concello para celebrar a Feira de Fungos e Cogomelos.


Estamos moi contentos porque acadamos moitos premios. Aquí tedes unha mostra dalgúns dos traballos presentados.


 


PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O día 28 de outubro houbo no colexio un obradoiro para fomentar o consumo de conservas e produtos do mar. Este programa está subvencionado por diversos organismos de Galicia e europeos.


Participaron os rapaces de 3º, 4º e 5º de primaria. Na carpa instalada no patio do colexio elaboraron os seus bocatas con conservas vexetais, conservas de productos do mar e tamén hortalizas e vexetais frescos.


Os deliciosos bocatas coméronos posteriormente na hora do recreo e foron todo un éxito.


Se queres ver algunha foto, preme aquí.

HALLOWEEN

Os nenos do CEIP Santa María sufriron sorprendentes transformacións o pasado venres 29 de outubro: convertéronse en vampiros, zombis, monstros, momias... Trouxeron cabazas talladas que se acenderon e alegraron as clases. Os máis pequenos pintaron unha para poñer de carauta. Para ver o que desfrutaron podes pulsar aquí.


LETRAS GALEGAS

Este ano, na Semana das Letras Galegas, no colexio Santa María, ao igual que en todos os colexios de Galicia, coñecemos a vida e obra de Uxío Novoneyra.

Para o noso festival celebrado no Auditorio Alovi, preparamos con moito entusiasmo e ilusión dúas presentacións en informática; tamén fixemos danzas, bailes, teatro, contos...

Unha pequena mostra do noso traballo podedes vela aquí.

 

 

Distribuir contido